Zen Arcade
Zen Arcade é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punk Hüsker Dü, editado en xullo de 1984 a través do selo SST Records. Orixinalmente publicado como un disco dobre en dous vinilos, Zen Arcade conta a historia dun neno que escapa dunha vida familiar insatisfactoria, só para atopar que o mundo que hai fóra é aínda peor. O disco incorpora elementos de jazz, psicodelia, folk acústico, pop e interludios de piano, conceptos raramente tocados no mundo do hardcore punk.
Zen Arcade | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Hüsker Dü | ||||
Publicado | xullo de 1984 | |||
Gravación | outubro de 1983 | |||
Estudio(s) | Total Access Recording, en Redondo Beach (California) | |||
Duración | 70:23 | |||
Xénero(s) | post-hardcore, hardcore punk, rock alternativo | |||
Selo(s) | SST Records | |||
Producido por | Hüsker Dü, Spot | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Zen Arcade e os posteriores álbums de Hüsker Dü foron fundamentais na creación do xénero do rock alternativo; a banda posteriormente abandonaría a estética hardcore en favor de melodías post-hardcore e guitarras alternativas. Aínda que non foi un éxito comercial, a influencia de Zen Arcade foi máis aló da música underground, e é incluído con frecuencia en listas dos mellores discos de rock and roll de todos os tempos. Inspirou a todas as bandas emo por chegar, como Rites of Spring ou Jawbreaker.
En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 13 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.[1]
Listaxe de canciónsEditar
Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
1. | "Something I Learned Today" | Bob Mould | 1:58 | ||||||
2. | "Broken Home, Broken Heart" | Mould | 2:01 | ||||||
3. | "Never Talking to You Again" | Grant Hart | 1:39 | ||||||
4. | "Chartered Trips" | Mould | 3:33 | ||||||
5. | "Dreams Reoccurring" | Hüsker Dü | 1:40 | ||||||
6. | "Indecision Time" | Mould | 2:07 | ||||||
7. | "Hare Krsna" | Hüsker Dü | 3:33 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
8. | "Beyond the Threshold" | Mould | 1:35 | ||||||
9. | "Pride" | Mould | 1:45 | ||||||
10. | "I'll Never Forget You" | Mould | 2:06 | ||||||
11. | "The Biggest Lie" | Mould | 1:58 | ||||||
12. | "What's Going On" | Hart | 4:23 | ||||||
13. | "Masochism World" | Hart/Mould | 2:43 | ||||||
14. | "Standing by the Sea" | Hart | 3:12 |
Cara 3 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
15. | "Somewhere" | Hart/Mould | 2:30 | ||||||
16. | "One Step at a Time" | Hart/Mould | 0:45 | ||||||
17. | "Pink Turns to Blue" | Hart | 2:39 | ||||||
18. | "Newest Industry" | Mould | 3:02 | ||||||
19. | "Monday Will Never Be the Same" | Mould | 1:10 | ||||||
20. | "Whatever" | Mould | 3:50 | ||||||
21. | "The Tooth Fairy and the Princess" | Mould | 2:43 |
Cara 4 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
22. | "Turn on the News" | Hart | 4:21 | ||||||
23. | "Reoccurring Dreams" | Hüsker Dü | 13:47 |
NotasEditar
- ↑ Rolling Stone (ed.). "Lista dos '40 mellores álbums de punk de todos os tempos'". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016.