Zeami Motokiyo

actor e dramaturgo xaponés

Zeami Motokiyo (世阿弥), tamén chamado Kanze Motokiyo, nado en 1363 e finado en 1443, foi un actor e dramaturgo xaponés.

Zeami Motokiyo
Nacementoc. 1363
Lugar de nacementoProvincia de Iga
Falecemento1 de setembro de 1443
Lugar de falecementoXapón
NacionalidadeXapón
Ocupaciónactor, dramaturgo, filósofo, escritor, actor de teatro, Intendente, compositor e aesthetician
PaiKan’ami
FillosMotomasa Jūrō e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Alén de ter escrito cerca de duascentas pezas Noh (xénero teatral que logrou estabelecer como forma artística prestixiada) deixou un conxunto de instrucións escritas para actores, de forma a transmitir a súa propia concepción da súa arte dramática. Os seus textos son vistos por moitos xaponeses como unha base fundamental das ideas nacionais sobre estética e cultura.

O seu pai, Kan'ami, tamén foi actor e educou a Zeami. Os dous son, sen dúbida, os maiores responsábeis polo estabelecemento do xénero dramático Noh no Xapón e da importancia que lle é hoxe concedido.

Cando a compañía de Kan'ami's actuou para Ashikaga Yoshimitsu, o Xogún do Xapón, este implorou a Zeami que o ensinase nesta arte. Despois de Zeami sucederlle ao seu pai, continuou a actuar e a adaptar o seu estilo até, sensibelmente, a forma que o teatro Noh ten actualmente.