Zatch Bell! (金色のガッシュ!! Konjiki no Gash!!?) é unha serie manga creada por Makoto Raiku, máis tarde levada ó anime (co nome de Konjiki no Gash Bell!! (金色のガッシュベル!! Konjiki no Gasshu Beru!!?, literalmente traducido «¡¡Gash Bell dourado!!»)), que trata sobre as aventuras dunha criatura doutro mundo con aparencia de neno chamado Zatch Bell. O manga foi publicado pola revista semanal Shogakukan’s Shōnen Sunday, entre xaneiro de 2001 e decembro do 2007 cun total de 33 volumes. Existen outras novelas gráficas de Zatch Bell! que teñen historietas curtas baixo o título de Zatch & Suzy (Gash & Suzume na versión orixinal).

No 2003, a historia de Raiku gañou o premio Shōgakukan na categoría Shōnen.[1]

Notas editar

  1. "小学館漫画賞:歴代受賞者" (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de setembro de 2011.  Arquivado 24 de abril de 2005 en Wayback Machine.