Zúñiga

concello de Navarra

Zúñiga (Zuñiga en éuscaro), é un concello de Navarra, que forma parte da comarca de Tierra Estella. Encóntrase a 71 km de Pamplona.

Modelo:Xeografía políticaZúñiga
Zuñiga, Ezteuinaga (eu) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°41′35″N 2°18′01″O / 42.693, -2.3004Coordenadas: 42°41′35″N 2°18′01″O / 42.693, -2.3004
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra Editar o valor em Wikidata
CapitalZúñiga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación89 (2023) Editar o valor em Wikidata (7,5 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie11,86 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude575 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Lana (pt) Traducir
Nazar (pt) Traducir
Mendaza (pt) Traducir
Campezo Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataPedro Maria Oteiza Diaz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31284 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE31265 Editar o valor em Wikidata

Xentilicio editar

Zuñigués (en éuscaro, Zuñigarra). Os habitantes de Zúñiga tamén reciben o alcume de cachuelos, que é o nome dun peixe que se cría nas augas do río Ega.

Xeografía editar

Vila do val da Solana, no Meiriñado de Estella. Atópase situado no extremo occidental da comarca estellesa, formando parte da depresión de Tierra Estella. O concello limita ao norte pola ladeira de Santiago de Lóquiz e ao sur polo río Ega e a Serra de Codés.

Historia editar

Cos distintos nomes de Estunega, Buztunica, Estuniga, Stunica, Estúñiga, Stúñiga, formou parte ata 1200 da terra de Campezo. Sancho Iñiguez, Señor do Estado e Val de Estunega (en éuscaro significa Estune, estreito, e Ega é o nome do río que pasa polo lugar), Arminguero do rei de Navarra e Aragón Sancho V Ramirez, e sexto neto do rei de Navarra Fortún Garcús "o Monxe", comezou polo 1080 a chamarse Sancho Iñiguez de Stunica.

A raíz da guerra civil que estalou en Navarra en 1274 e durou ata o 1277, debido á querela pola titoría da raíña nena Xoana I e ao seu compromiso matrimonial con Filipe IV de Francia "o Fermoso". Isto significaba a incorporación de Navarra á Coroa de Francia, polo que abandona Navarra Iñigo Ortiz de Stunica, Rico-home, Alférez Maior de Navarra, señor de Stunica, e outros lugares, quinto neto do rei de Navarra García V Ramírez "o Restaurador" e establécese na Rioxa, Castela. Zúñiga é nomeada vila de reguengo e incorporada en 1278 á Coroa de Navarra.

Despois de asinar o tratado de amizade e axuda entre os reis de Castela Henrique III "O Doente" e de Navarra Carlos III "o Bo", que se asinou o 21 de xuño de 1394, o rei Carlos III restituíu a Diego López de Estúñiga, Xustiza Maior de Castela e do Consello do Rei, o 31 de xullo de 1394 o señorío de Estúñiga (o seu solar) e o señorío de Mendavia en recompensa. Desde 1430 ata 1450 o señorío pasou a Carlos e Luis de Beaumont, obtendo a condición de boa vila con asento nas Cortes do reino en 1482.

Álvaro de Stunica y Guzmán, duque I de Béjar e Plasencia, parente maior da Casa de Stunica / Estúñiga, castelanizou o apelido en Zúñiga, logo do pacto de reconciliación coa raíña Isabel I "a Católica", asinado en 1476. Desde entón empregouse o nome de Zúñiga por persoas e cidades dos Reinos de España.

Administración editar

Está integrado na Mancomunidade de Montejurra e na Agrupación de Municipios de Lana, Piedramillera, Zúñiga, Mués e Sorlada. Pertence ao partido xudicial de Estella.

Demografía editar

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1975 2005
333 344 359 383 327 317 284 204 154 178

Monumentos editar

  • Igrexa de Santa María, edificio tardogótico do século XVI.
  • Ermida de Nuestra Señora de Arquijas, edificio gótico da primeira metade do século XIII.
  • Ermida da Beata Sis, con imaxe renacentista da titular.
  • Restos dunha muralla medieval.

Festas editar

As festas patronais celebranse a última semana de xuño e a primeira de xullo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Menéndez y Pidal, Ramón (1981). Historia de España. Madrid, Editorial Espasa-Calpe. ISBN 84-239-4800-5. 
  • Villar y Pascual, Luis (1864). Diccionario histórico genealógico y heráldico de las familias ilustres de la monarquía española. Madrid. 

Outros artigos editar