Zíngaro

Antonio Barrull Salazar (A Coruña, 1950), coñecido como Zíngaro, é un cantante e compositor español de sangue xitano, cuxo estilo, corresponde á fusión entre flamenco, jazz e rock que se iniciou a finais dos anos 1970. Seguiu a liña renovadora e visionaria que impulsou Manzanita, cunha voz chea de personalidade, meigallo e un carisma especial. A súa música, a súa forma de interpretar, sorprende e gusta tanto ao curioso coma ao cliente habitual da canción flamenca con toques modernos. É irmán doutro grande artista: Luis Barrull Salazar, máis coñecido como El Luís.

Zíngaro
El zingaro2.jpg
OrixeA Coruña (Galicia),
Período1979 - 1992
Xénero(s)Flamenco, rumba
Selo(s) discográfico(s)Sony Music, Producciobes AR, CBS

VidaEditar

Con moi poucos anos foise a Arxentina, alí viviu case 14 anos. Comeza os seus exercicios de composición ao tempo que se estrea no rasgueo da guitarra e teñen lugar os seus primeiros gorgoritos serios. Así van xurdindo as primeiras letras, as primeiras cancións. Os amigos anímanlle a deixar Arxentina e regresar a España a probar a súa sorte tras ver o éxito que tivo o seu irmán nesa época. Nada máis chegar, Zíngaro' pode comprobar, o firme éxito conseguido polo seu irmán nos primeiros discos que grava.

ObraEditar

EstiloEditar

Seguiu a liña renovadora e visionaria que impulsou Manzanita, cunha voz chea de personalidade, meigallo e un carisma especial. A súa música, a súa forma de interpretar, sorprende e gusta tanto ao curioso coma ao cliente habitual da canción flamenca con toques modernos. A súa música non é doada. Poderiamos describila como un reto. O seu afán de innovación, de buscar unha linguaxe propia e renovadora, lévao a formularse a súa música como redescubrimento da morea de maneiras en que o flamenco pode verse fecundado polos ritmos modernos e polas últimas técnicas de gravación do momento. É imprescindible mencionar o papel do produtor José Luis de Carlos, mentor desta nova linguaxe entre o pop e flamenco, serio, rigoroso, contemporáneo, apaixonado e visionario que belisca o jazz, o negroide e o popular, sen puritanismos nin chabacanerías.

Destacan na súa carreira os dous primeiros elepés titulados Voz De Luna (1979) e ''Sones de Llanto y Fuego (1980). Da forma e ordena esbozos, concreta as súas visións, poemas e cancións, afina a súa instrumentación ata lograr un son novo e á vez popular, que se manteña dentro das coordenadas flamencas pero que tamén rompa arquetipos. Os catro seguintes foron Ama tu libertad (1989), Gitano Poeta (1990), Esa señora (1991) e finalmente ' 'Cuidado camarada (2003). Tamén escribiu cancións para outros artistas como Tony do xitano. Actualmente non se sabe nada sobre el nin no ámbito musical nin no privado. Só que acode á Igrexa Evanxelista.

IniciosEditar

Voz de LunaEditar

LLega o seu primeiro LP, " Voz De Luna ", en 1979. Del extráese un primeiro singre. "Llorarás de pena", que é fenomenalmente acollido nos ambientes xitanos e flamencos, pero que supera estes circuítos para chegar a un público masivo amante do dramatismo da mellor canción popular española. Manzanita axudou coas guitarras e o disco tivo unhas vendas sorprendentes. Seguiu triunfando cun segundo singre, "Chié, Chié,". O seu valor artístico e comercial, a súa comunicación co público, era indubidable. A enerxía vendedora de Zíngaro superaba ata o silencio dos medios xornalísticos.

Sones de Llanto y FuegoEditar

Preparouse a gravación deste álbum co desexo do cantante e do seu produtor de ir máis alá na súa innovación flamenca. Os músicos elixidos non podían estar máis na onda: Manzanita (guitarra española), Luis "Manglis" Cobo (guitarra acústica e eléctrica), Dave Thomas (Baixo) e Tito Duarte (Batería e percusións). As cancións do álbum son escritas pola súa maioría polo propio Zíngaro, outras son de Jesús Conde, de R. Jiménez Barrull, engadir que hai un tema de Sandro (Rosa) e outro de Manzanita (Romance Árabe). O singre elixido foi "No te voy a perdonar", nel destacan os arranxos de corda e unha alternancia de tons dramáticos e populares, cun interesante cambio de atmosferas.

Últimos anosEditar

Ama tu libertadEditar

Despois deste álbum sacou "Ama tu libertad" que intento repoñer a reputación que tenia ata a data e con outros 3 discos máis de moi poucas vendas titulados Gitano Poeta, Esa Señora e Cuidado Camarada.

DiscografíaEditar

  • Voz de Luna (1979)
  • Sones de llanto y fuego (1980)
  • Ama tu libertad (1989)
  • Poeta Gitano (1990)
  • Esa Señora (1991)
  • Cuidado camarada (1992)

SinglesEditar

  • Lloraras de Pena (Voz de Luna) (1979)
  • Chie, Chie (voz de Luna) (1979)
  • No te voy a perdonar (Sones de Llanto y fuego) (1980)

CompilaciónsEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar