Zésar Biec
escritor español
Zésar Biec Arbués, nado en Huesca en 1970, é un escritor aragonés, autor de literatura infantil e xuvenil en lingua aragonesa.
Zésar Biec | |
---|---|
Nacemento | 1970 |
Lugar de nacemento | Huesca |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Mestre de profesión é tamén membro do Consello d'a Fabla Aragonesa. Sobre a literatura infantil e xuvenil publicou "Literatura infantil e chobenil en aragonés" (2008) e mais "Los cuentos en la enseñanza del aragonés" (2013-2014). En 2011 recibiu o Premio de Relatos "Luis del Val" pola súa obra De cazata. Profesor de aragonés, logo de se permitir o ensino do aragonés, de forma voluntaria, na escola pública no curso 1997-1998[1], Zesar Biec comezou a dar clases nun colexio de Jaca [2]
ObraEditar
- 1995: Bel puesto en a pantalla, gañadora do premio "O Gua" de 1995 (literatura infantil).
- 2000: Abenta-las ta ra mar, premio "A Carracla" con debuxos do autor (literatura infantil).
- 2002: Animals barrenatos (coautor, teatro infantil).
- 2002: A selba amenazata (coautor, teatro infantil).
- 2008: Augua de bida (relato curto).
- 2009: O fuego que nunca no s'amorta, premio "O Gua" de 2007 (literatura infantil).
- 2009: Foto fixa (relato curto).
- 2009: 24 fotogramas (relato curto).
- 2011: Cartas con retraso, Premio literario Villa de Sietemo de 2009.
- 2012: De cazata, Premio de Relatos "Luis del Val".
NotasEditar
- ↑ Campos Bandrés, Iris Orosia ¿L’aragones en a escuela? Estudio de las actitudes lingüísticas del futuro profesorado aragonés de Educación Primaria Arquivado 04 de agosto de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Breve historia do colexio Monte Oroel