Yukihiro Matsumoto
Yukihiro Matsumoto, chamado Matz, nado o 14 de abril de 1965, en Tottori, en Honshu occidental, é un científico da computación e programador de software libre, principalmente coñecido por ser o principal deseñador da linguaxe de programación Ruby.
Nome orixinal | (ja) まつもとゆきひろ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de abril de 1965 (59 anos) Prefectura de Ōsaka, Xapón |
Datos persoais | |
Outros nomes | Matz |
Residencia | Xapón |
País de nacionalidade | Xapón |
Relixión | Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días |
Educación | University of Tsukuba (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Programación |
Ocupación | informático teórico , enxeñeiro , programador |
Empregador | Heroku (en) |
Movemento | Movemento polo software de código aberto |
Lingua | Lingua xaponesa |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios
| |
Páxina web | rubyist.net… |
Foi un programador autodidacta ata o final da secundaria. Graduouse en ciencias da información na universidade de Tsukuba, onde se meteu no departamento de investigación sobre linguaxes de programación e compiladores. Dende 2006 Matsumoto é o xefe do departamento de investigación e desenvolvemento no Network Applied Communication Laboratory, e nunha compañía de integración de sistemas de código aberto na prefectura de Shimane.
Está casado, ten catro fillos, e durante algúns anos moi misionero mormón.