Yesca
Organización castelanista
Yesca é unha organización xuvenil castelanista creada en Burgos no 1992 baixo o nome de Juventudes Castellanas Revolucionarias, que cambiarían o 23 de abril do 2006 ao que teñen hoxe en día.
Yesca | |
---|---|
Tipo | organización xuvenil |
Ideoloxía | Nacionalismo castelán |
Data de fundación | 1993 |
País | España |
Na rede | |
http://www.juventudrebelde.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Conta con diversas asembleas en Castela e León, Madrid e Castela-A Mancha. A súa loita está centrada na autodeterminación do pobo castelán, o socialismo, a solidariedade internacionalista, o feminismo, o ecoloxismo e o antifascismo, entre outras moitas causas. Yesca forma parte da coalición Izquierda Castellana, como tamén moitas organizacións castelanistas.