Yerself Is Steam é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Mercury Rev, publicado o 14 de maio de 1991. "Car Wash Hair" foi publicada como sinxelo antes que o álbum.

Yerself Is Steam
Álbum de Mercury Rev
Publicado14 de maio de 1991
Gravación1990 - 1991
Duración49:19 (RU)
57:09 (EUA)
Xénero(s)neopsicodelia, noise pop
Selo(s)Mint Films/Jungle Records, Columbia
Producido porDavid Baker, Jonathan Donahue, Dave Fridmann, Grasshopper, Suzanne Thorpe, Jimy Chambers
Cronoloxía
- Yerself Is Steam Boces

En outubro de 2016 Pitchfork Media situouno no número 16 da súa lista dos 50 mellores álbums de shoegaze de todos os tempos.[1]

Listaxe de cancións

editar

Todos os temas foron compostos por Mercury Rev. A contraportada lista os tempos das cancións de forma errónea deliberadamente. Están listados en (parentese e cursiva).

  1. "Chasing a Bee" – 7:11 (4:27)
  2. "Syringe Mouth" – 4:04 (3:27)
  3. "Coney Island Cyclone" – 2:37 (3:27)
  4. "Blue and Black" – 6:00 (4:27)
  5. "Sweet Oddysee of a Cancer Cell t' th' Center of Yer Heart" – 7:41 (5:27)
  6. "Frittering" – 8:48 (4:27)
  7. "Continuous Trucks and Thunder Under a Mother's Smile" – 0:43 (2:27)
  8. "Very Sleepy Rivers" – 12:15 (13:15 na edición en CD de Sony/Columbia) (12:27)
  9. "Car Wash Hair (The Bee's Chasing Me)" – 6:44 (canción oculta extra na edición en CD de Sony/Columbia)

"Car Wash Hair" aparece como tema 99 na versión de 1992 de Sony/Columbia. Tamén, nesa versión, "Very Sleepy Rivers" está dividida en fragmentos entre os cortes 8 (7:15) e do 9 ao 98, que son de 4 segundos de lonxitude. O son pouco a pouco vai esvaecéndose cara ao corte 83, e no 88 alguén comeza a dicir 'pick' repetidamente con algungas risas apenas audibles. Durante esta parte máis tranquila, mesturouse un sinal de baixa frecuencia duns 20 Hz.

  1. Pitchfork (ed.). "The 50 Best Shoegaze Albums of All Time". Consultado o 24 de outubro de 2016.