Yawar Mallku
Yawar Mallku (en quechua: "Sangue de cóndor") é un filme boliviano de 1969 dirixido e coescrito por Jorge Sanjinés. Conta a historia dunha comunidade indíxena de Bolivia que recibe atención médica da axencia estadounidense Cuerpo del Progreso (do estilo do Corpo de Paz) que está secretamente esterilizando as mulleres locais. A historia, que está baseada en feitos reais sufridos pola comunidade do director, provocou unha indignación no público que conduciu a unha investigación gobernamental sobre as accións do Corpo de Paz en Bolivia, que rematou coa expulsión da axencia do país.
Yawar Mallku | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Yawar Mallku |
Director | Jorge Sanjinés |
Produtor | Ricardo Rada |
Guión | Jorge Sanjinés |
Intérpretes | Marcelino Yanahuaya Benedicta Mendoza Vicente Verneros Salinas |
Música | Alfredo Domínguez Ignacio Quispe Alberto Villalpando |
Fotografía | Antonio Eguino |
Montaxe | Jorge Sanjinés |
Estudio | Ukamau Group |
Distribuidora | Tricontinental Film Center (1973, USA) |
Estrea | 1969 |
Duración | 70 minutos |
Orixe | Bolivia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Sinopse
editarUnha comunidade indíxena de Bolivia recibe atención médica da axencia estadounidense "Cuerpo del Progreso", mais non sospeitan que a mesma axencia está esterilizando as mulleres da comunidade co fin de que non se reproduzan os indíxenas. Cando a verdade se revela, os bolivianos atacan ós estranxeiros, pero os atacantes son capturados e fusilados polas autoridades. Sixto Mallku, o irmán do protagonista Ignacio Mallku é ferido. Ignacio busca desesperadamente atención médica para o seu irmán, pero por mor da falta de cartos para un coidado axeitado, este morre.[1]
Personaxes
editar- Marcelino Yanahuaya como Ignacio Mallku
- Benedicta Mendoza como Paulina
- Vicente Verneros Salinas como Sixto Mallku
Impacto
editarYawar Mallku está considerada como unha obra que provocou a expulsión do Corpo de Paz de Bolivia nun acto de antiimperialismo e nacionalismo cultural dos indíxenas.[2]
Despois da estrea de Yawar Mallku, Sanjinés aprendeu que moitos labregos tiñan críticas pola dificultade de entender o filme por mor da narración con flashback, xa que a súa maneira de facer cinema estaba moi influída polo cine europeo, e tamén pola falta de atención a denunciar as causas dos pobos indíxenas. Tivo isto en conta para facer o seu seguinte filme, titulado El coraje del pueblo, en 1971.[3]
Notas
editar- ↑ Stephen M. Hart (2004). A Companion to Latin American Film. Boydell & Brewer Ltd. pp. 69–. ISBN 978-1-85566-106-6. Consultado o 11 de agosto de 2012.
- ↑ Geidel, Molly. "Sowing Death in Our Women's Wombs": Modernization and Indigenous Nationalism in the 1960s Peace Corps and Jorge Sanjinés' Yawar Mallku. American Quarterly - Volume 62, Number 3, setembro de 2010, pp. 763-786
- ↑ Rosalind Galt, Karl Schoonover. Global Art Cinema: New Theories and Histories. 2010, pp. 359.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Yawar Mallku na IMDb (en inglés).