Yarmouth, Nova Escocia
Yarmouth é unha vila portuaria e pesqueira de 7.162 habitantes do condado de Yarmouth, no golfo de Maine, na baía de Fundy, no suroeste da provincia atlántica Nova Escocia no Canadá. É a segunda localidade máis meridional do Canadá e adoita ser denominada "a entrada a Nova Escocia".
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Canadá | |||
Provincia | Nova Escocia | |||
County of Nova Scotia (en) | Condado de Yarmouth (pt) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 10,57 km² | |||
Creación | 9 de xuño de 1761 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | B5A e B0W | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 902 | |||
Páxina web | yarmouthonline.ca |
Historia
editarDenominada orixinalmente como Port Forchu, foi fundada en 1759 e anexionada en 1890. Ao longo do século XIX foi un importante centro de construción naval, sendo o lugar do mundo que rexistraba maior tonelaxe per cápita,[1] mais cando os barcos de vapor comezaron a asumir a dominar na navegación, a cidade esmoreceu.
Economía
editarA actividade económica desta pequena cidade está baseada na pesca, por mor da proximidade do banco Georges, no transporte e no turismo. A cidade atópase na cerna dos caladoiros de langosta máis importantes do mundo polo que, usualmente, recibe as maiores cantidades de desembarque de langosta de todo Canadá.
Yarmouth conta cun porto de ligazón rápida cos Estados Unidos, así como cun aeroporto e unha autoestrada que unen a cidade co resto do mundo.
Notas
editar- ↑ "YARMOUTH: LANDS END". bayoffundy.com (en inglés). 18-7-2009.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yarmouth, Nova Escocia |