Yandel

cantante portorriqueño

Llandel Veguilla Malavé Salazar, nado en Cayey (Porto Rico) o 14 de xaneiro de 1977, mellor coñecido como Yandel, é un cantante portorriqueño que interpreta xéneros como o reggaeton e o pop latino, e é a metade do grupo de Wisin & Yandel. Dende 1998 vendeu millóns de discos e realizou concertos nas salas máis importantes e notables de todo o mundo. Lanzou o seu primeiro álbum en solitario ¿Quién contra mí? no 2003 e no 2013 o seu segundo álbum De líder a leyenda, que incluía as cancións "Hasta abajo", "Plakito Ft Gadiel", e "Moviendo caderas" con Daddy Yankee

Yandel
Nome completoLlandel Veguilla Malavé Salazar
Data nacemento14 de xaneiro de 1977 (47 anos)
Nado enCayey
OcupaciónCantante, compositor
XéneroReggaeton, Pop latino, Electropop, Dance pop
Tempo en activo1998-
PseudónimoYandel
Na rede
https://yandel.com
IMDB: nm5483559 Facebook: YandelelOficial Twitter: yandeloficial Instagram: yandel MySpace: yandelwy Snapchat: yandeloficial Youtube: UC-LRORSJOy5cOBd5TVVQ6Fw TikTok: yandel Souncloud: yandel-official Spotify: 0eHQ9o50hj6ZDNBt6Ys1sD iTunes: 72929426 Last fm: Yandel Musicbrainz: 3d291f48-a8be-4113-baad-c73618a7897d Songkick: 206135 Discogs: 547341 Allmusic: mn0000686922 Deezer: 517429 Genius: Yandel Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Primeiros anos editar

Naceu en Cayey, Porto Rico o 14 de xaneiro de 1977. Wisin, o seu compañeiro traballaba co seu pai en pelexas de galos, mentres que Yandel traballaba de barbeiro. Estudaron xuntos na mesma escola e aí foi onde por primeira vez nunha competencia da escola se xuntaron para cantar. Tempo despois debutaron no mundo do reguetón gravando algúns temas en álbums recompilatorios, sendo o seu debut na recompilación de DJ Dicky No Fear 3. Yandel ten orixes no Magreb.

Carreira musical editar

Inicios (1998-2004) editar

En 1998 o dúo incursionou na música e gravaron algúns temas de colaboración no disco No Fear 3 de DJ Dicky; un ano despois, no recompilatorio La misión, editado polo selo Fresh Production. O éxito desta recompilación (que chegou a disco de ouro) levou á discográfica a producir Los reyes del nuevo milenio, primeiro álbum de Wisin & Yandel. Continuaron publicando novos temas nas sucesivas edicións de La misión. Logo en 2001 De nuevos a viejos, en 2002 De otra manera, seguido de Mi vida... my life, o cal acompaño a unha película protagonizada polo dúo na que contan a súa vida, os tres foron disco de ouro. A súa aínda incipiente carreira musical viuse ademais recoñecida co premio Tu Música ao "Mellor Dúo de Rap e Reggaeton", que lles foi outorgado en 2002.

Entre 2003 e 2004, Wisin e Yandel traballaron en proxectos individuais. Yandel lanzou ¿Quién contra mí?, mentres Wisin lanzou El sobreviviente. Durante o lapso de tempo especulouse cunha separación definitiva, suceso que non aconteceu, xa que ao ano seguinte se reuniron, publicando o seu álbum Pa'l mundo.

Pa'l mundo e WY Records (2005-2007) editar

O dúo lanzou o seu primeiro álbum co seu propio selo discográfico, WY Records. Pa'l mundo foi o seu álbum con máis éxito e fixo a súa música popular internacionalmente, chegando a sor en países como a China e o Xapón, amais dalgúns europeos. O álbum foi candidato aos Premios Billboard. Tralo éxito publicaron Los vaqueros (2006), onde participaron todos os membros de WY Records: Gadiel, Franco "El Gorila", Tony Dize, Yomille Omar etc. e artistas invitados como Don Omar e Héctor el Father.

O ano seguinte fixeron unha reedición titulada Los vaqueros wild wild mixes que contiña cancións novas e varios remixes do álbum anterior. Neste álbum Jayko entrou en WY Records substituíndo a Yomille Omar.

Consolidación internacional (2007-2013) editar

 
Yandel en concerto.

En 2007 lanzaron o álbum Wisin vs. Yandel: los extraterrestres, un disco no que evolucionaron nos seus sons con colaboracións internacionais como Eve e Fat Joe. En 2008 publicaron Wisin & Yandel: la mente maestra producido por Nesty (produtor da compañía), no que participaron os integrantes de WY Records.

Despois do éxito e a popularidade, no 2009 estrearon La revolución, que contaba coa participación do músico de rap 50 Cent. O álbum foi relanzado o 23 de novembro co título de La revolución: Evolución.

En 2012 o dúo publicou o seu noveno disco, Líderes, que incluía os sinxelos "Follow the Leader", con Jennifer Lopez e "Algo me gusta de ti" con Chris Brown e T-Pain, que se colocaron nos primeiros postos da radio e a televisión e foron número un na lista Billboard.

Dende 2013 editar

Yandel, tras publicar o álbum Líderes con Wisin, quería reiniciar a súa carreira como solista. En entrevistas sobre a súa separación dixo que estaba ansioso por innovar. Yandel lanzou o seu segundo álbum, De líder a leyenda, o 5 de novembro de 2013. Formaban parte do disco o sinxelos «Hable de ti», «Hasta abajo», «Moviendo caderas», «Déjate Amar» e «Plakito». O álbum tiña sons máis pop e electrónicos sen deixar de lado o seu característico reggaeton e contou coa participación de artistas como Daddy Yankee, Don Omar, J Álvarez e o seu irmán Gadiel.

Tamén participou como coach no programa de televisión La Voz México co seu compañeiro Wisin.

O 25 de agosto de 2014 Yandel estreou un EP titulado Legacy: De líder a leyenda Tour que inclúe cinco temas inéditos. O propio Yandel dixo que os seus seguidores poderían escoller a súa canción favorita a través da súa páxina web e a canción que gañase estaría no concerto do 4 de outubro en San Xoán, Porto Rico.

Discografía editar

Álbums como solista
  • 2003: ¿Quién contra mí?
  • 2013: De lider a leyenda
  • 2015: Dangerous
  • 2017: #UPDATE
  • 2019: The One
  • 2020: ¿Quién Contra Mí 2?
  • 2023: Resistencia
EP
  • 2014: Legacy: De lider a leyenda Tour
En vivo
  • 2015: Legacy
  • 2015: Legacy
En colaboración

Véxase tamén editar