Xunta tórica

xunta en forma de anel

Unha xunta tórica ou anel tórico (pola forma tórica[1][2]) ou anel de xunta[3] O-ring, polo seu nome en inglés[4], é unha xunta en forma de anel. Está composto xeralmente por elastómeros e ten diferentes perfís segundo a súa aplicación.

Algunhas xuntas tóricas pequenas
Varios perfís

Usos editar

Desenvolveuse para ser unha xunta de selado flexible, que pode soportar altas temperaturas e non permite que flúan líquidos ou gases. Utilízase en varios sistemas pneumáticos e hidráulicos.

Colócanse en sucos especialmente deseñados nos elementos de selado, normalmente eixos e tapas.

Existen varios tipos de xuntas tóricas para diversas aplicacións, por exemplo en función do material do que estea feita. Neste caso, obsérvase principalmente a presión e temperatura de traballo a que vai ser sometido.[5][6]

Historia editar

A patente[7] nos EEUU para a xunta tórica foi asinada en 1937 por un danés de 72 anos chamado Niels Christensen.[8] Previamente xa fora concedida a patente a un sueco, décadas antes, o 12 de maio de 1896 a J. O. Lundberg, quen finanlmente foi recoñecido como o inventor da xunta tórica[9].

O Space Shuttle Challenger (Transbordador espacial da NASA) desintegrouse 73 s despois do lanzamento debido ao uso dunha xunta tórica que fixo que o SRB se desprendese co uso de fluoroelastómeros FKM inconvenientes a temperaturas extremadamente frías antes do desenganche, polo que perdeu a súa elasticidade e, polo tanto, a súa capacidade para recuperar a súa forma tras o movemento previsto da xunta tras a saída dos gases de escape e pola súa sobrecompresión na montaxe.

Mantemento de xuntas tóricas editar

Os aneis tóricos necesitan un mantemento adecuado. Algunhas recomendacións para o seu uso son as seguintes:

  • Evitar a exposición solar, porque perden flexibilidade e endurecen.
  • No mantemento preventivo é recomendábel cubrir as xuntas cunha pequena capa de silicona que proporcione unha maior resistencia ao envellecemento.
  • Ao montar unha xunta, hai que asegurarse de que está perfectamente instalada e de que non estea pinchada en ningún punto.
  • Cando se sospeite que unha xunta está en mal estado, hai que substituíla por outra nova. Normalmente o equipo que protexe a xunta é moito máis caro que a xunta en si.[1][10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "O Sergas asegura que en menos de 24 horas emendou a avaría que estaba disposto a reparar un paciente afectado". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-06-28. 
  2. "Proceso químico rexenerable para realizar placas de circuíto impreso; Listado de materiais (p. 19) "Xunta tórica"" (PDF). edu.xunta.gal. Consultado o 28 de xuño de 2022. 
  3. "bUSCatermos; anel de xunta". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-06-28. 
  4. "O-ring". web.archive.org. 2011-06-07. Archived from the original on 07 de xuño de 2011. Consultado o 2022-06-28.  Arquivado 07 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
  5. "Test Page for Apache Installation". web.archive.org. 2010-10-12. Archived from the original on 23 de outubro de 2017. Consultado o 2022-06-28. 
  6. "O-ring". web.archive.org. 2011-06-07. Archived from the original on 07 de xuño de 2011. Consultado o 2022-06-28.  Arquivado 07 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
  7. Patente Nº 2180795 - Inventor Niels A. Christensen em 10/02/1937
  8. (en inglés) "No. 555: O-Ring". 2004-08-01. Consultado o 2011-03-25. 
  9. "O-Ring - Who Invented the O-Ring?". wayback.archive-it.org. Archived from the original on 15 de marzo de 2009. Consultado o 2022-06-28.  Arquivado 15 de marzo de 2009 en Archive-It
  10. "A 'bobada' de dous euros que provocou o fallo do Alpine de Alonso en Australia". galego.laopinioncoruna.es. Consultado o 28 de xuño de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar