Xulio Obsecuente (Iulius Obsequens) foi un escritor da antiga Roma, autor dunha obra chamada Libro dos Prodixios (Liber Prodigiorum). Nada se coñece acerca da súa vida, pero crese que viviu no século IV.

Infotaula de personaXulio Obsecuente
Biografía
Nacementoséculo IV Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Morteséculo IV Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , escritor , poeta Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século IV Editar o valor em Wikidata)
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Traxectoria editar

O Libro dos Prodixios é una recompilación de textos provenientes da obra de Tito Livio que fan referencia a prodixios (sucesos extraordinarios e sobrenaturais) ocorridos na historia de Roma entre os anos -249 e -12. Foi impreso por vez primeira polo humanista veneciano Aldo Manuzio en 1508, segundo un manuscrito hoxe perdido, que pertenceu a Jodocus de Verona. Edicións posteriores foron impresas por F. Oudendorp (Leyde, 1720) e O. Jahn (1853). A obra é moi citada polos interesados na ufoloxía, que interpretan algúns dos prodixios mencionados nela como exemplos das aparicións que tentan rastrexar.[Cómpre referencia]

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Obsecuente, Julio. Libro de los Prodigios, restituido a su integridad en beneficio de la Historia por Conrado Licóstenes. Introdución, tradución e notas de Ana Moure Casas. Madrid: Ediciones Clásicas. ISBN 978-84-788-2012-2 (en castelán)
  • Tito Livio / Obsecuente, Julio. Períocas y fragmentos/ Libro de los prodigios. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-1696-1 (en castelán)

Ligazóns externas editar