Xosé Peña Fraga

actor galego

Xosé Peña Fraga, coñecido como Pepet, nado en Ortigueira[1] cara 1893[2] e finado nos anos setenta dese século, foi un actor de cinema galego. Sábese moi pouco da súa vida, a pesar de que interpretou como secundario máis de trinta filmes en Hollywood e outros trinta en México.

Infotaula de personaXosé Peña Fraga
Biografía
Nacemento1893 Editar o valor em Wikidata (130/131 anos)
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0679189 Editar o valor em Wikidata

Carreira editar

Debeu comezar como cómico en España e a finais dos anos vinte emigrou á costa occidental dos Estados Unidos, a Hollywood, para continuar a súa carreira como actor secundario. Trala desaparición do chamado Hollywood hispano (onde se gravaban para a exportación segundas versións de filmes comerciais con actores españolfalantes), como consecuencia da mellora das técnicas de dobraxe, a finais dos anos trinta, marchou a México. Alí participaría no seu primeiro filme en 1944, e chegou a rodar con Luis Buñuel, Carlos Velo ou con Cantinflas. Tamén fixo esporádicos labores de guionista en Cuando lloran los valientes (1947) e en Escándalo de estrellas (1944).

Filmografía editar

En Hollywood editar

  • 1930.Charros, gauchos y manolas
El dios del mar
El Tenorio del harem
La mujer X
La jaula de los leones
El código penal
¡Hola, Rusia!
  • 1932. Soñadores de gloria, versión hispana de Dreamers of Glory
  • 1933. Yo, tú y ella
No dejes la puerta abierta, versión hispana de Don't Leave the Door Open
El príncipe gondolero, versión hispana de The Gondolier Prince
  • 1934.El pulpo humano, versión hispana de The Human Octopus
Granaderos del amor, versión hispana de Grenadiers of Love
  • 1935. Rosa de Francia, versión hispana de Rose of France
Piernas de seda, versión hispana de Silk Legs
Angelina o el honor de un brigadier
Julieta compra un hijo , versión hispana de Juliet Buys a Baby
Asegure a su mujer, versión hispana de He Trusted His Wife
Señora casada necesita marido, versión hispana de A Married Woman Needs a Husband
  • 1936. El capitán Tormenta
Contra la corriente, versión hispana de Against the Current
El crimen de media noche, versión hispana de The Crime at Midnight
  • 1937. No matarás, versión hispana de Thou Shalt Not Kill
  • 1938 Mis dos amores
Castillos en el aire
  • 1939. El rancho del pinar

En México editar

  • 1944. Escándalo de estrellas
  • 1955. Sólo para maridos
Ensayo de un crimen
  • 1957. La esquina de mi barrio
El buen ladrón
  • 1958. El gran espectáculo
Sucedió en México
A media luz los tres
  • 1959. Flor de canela
Señoritas
  • 1960. Por ti aprendí a querer
  • 1961. El analfabeto
  • 1962. Cuanto vale tu hijo
  • 1963. Cri Cri el grillito cantor
  • 1964. Así amaron nuestros padres
  • 1968. Cinco de chocolate y uno de fresa, dirixida por Carlos Velo
Los caudillos (televisión)

Notas editar

  1. Diario de Galicia, 6-4-1910, p. 11.
  2. El Progreso, 12-10-1909, p. 3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar