Xosé Caveda y Nava
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Xosé Caveda y Nava, nado en Villaviciosa en 1796 e finado en Xixón en 1882, foi un escritor asturiano, un dos iniciadores da escrita en lingua asturiana.
Xosé Caveda y Nava | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | José Caveda y Nava |
Nacemento | 1796 |
Villaviciosa | |
Falecemento | 1882 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político, escritor e historiador da arte |
Premios | Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica e Gran Cruz da Orden de Carlos lll |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Francisco de Paula Caveda y Solares, amigo de Gaspar Melchor de Jovellanos. Membro da Xunta Xeral do Principado de Asturias en 1834, cando desaparece substituída pola deputación provincial). Militou no Partido Moderado e foi deputado en Cortes en 1837.
Escribiu unha Memoria histórica sobre la Junta General del Principado (1834) e Colección de poesías en dialecto asturiano (1839) que foi o primeiro libro impreso en asturiano, unha escolma de poesía, con algunhas propias que se vai converter no modelo literario para os escritores en asturiano do século XIX, e a imaxe rural que reflectiu nas súas obras converteuse nun tópico, a súa visión do asturiano como unha forma de castelán antigo que non evolucionara.