Xosé Alberte Suárez Lage
xornalista español
Xosé Alberte Suárez Lage, coñecido como Picho, nado o 24 de febreiro de 1946 e finado en Salvaterra de Miño o 31 de marzo de 2014, foi un xornalista e político galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1946 |
Morte | 31 de marzo de 2014 (68 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarFuncionario do Concello de Salvaterra de Miño, foi tenente de alcalde de Salvaterra. Foi o organizador dos Encontros de Humoristas Galegos (1984-1988). Foi director da revista Can sen Dono e despois tamén foi fundador e director de Xó!.