A xornada laboral do traballador está formada polo número de horas que o traballador está obrigado a traballar efectivamente. Non se debe confundir co concepto de horario de traballo, a xornada representa o número de horas que o traballador debe prestar o seu servizo, mentres que o horario fixa a hora de entrada e a saída. Entre horario e xornada prevalece a xornada, posto que o salario que fixa o contrato vén determinado polo número de horas que se traballa.

Se o horario establecido impedise que se puidese realizar a xornada completa, o empresario poderá impoñer o cumprimento íntegro da xornada

Regulación internacional

editar

Nesta Conferencia estableceuse o convenio polo que se limitan as horas de traballo nas industrias a oito horas diarias ou corenta e oito semanais cuestión que constituíu o primeiro punto da orde do día da reunión da Conferencia celebrada en Washington, e que despois de decidirse que as devanditas proposicións revestisen a forma dun convenio internacional, se acordo a constitución do acordo como Convenio, que poderá ser citado como o Convenio sobre as horas de traballo -industria- de 1919 , e que foi sometido á ratificación dos Membros da Organización Internacional do Traballo de acordo coas disposicións da Constitución da OIT.

Unión Europea

editar

A directiva europea de 2003 de 'organización do tempo de traballo (Working Time Directive -32003 L 0088 -4/11/2002) indica que os traballadores da Unión Europea non poden ser obrigados a traballar durante máis de 48 horas por semana debendo ter polo menos 11 horas de descanso consecutivo cada 24 horas, se o horario de traballo supera as 6 horas o traballador terá dereito a un descanso computado como tempo de traballo. Semanalmente terá polo menos 24 horas (1 día) de descanso ininterrompido. Terán un descanso anual de 4 semanas. A xornada diaria de traballo non excederá as 8 horas. Así o indica a Directiva de Tempo de Traballo.

No ano 2005 a semana laboral media en Europa dos traballadores a tempo completo era de 40 horas (8 horas de luns a venres), por enriba de 40 horas están Letonia (que encabeza a lista con 42,6 horas), Estonia, República Checa, España (41 horas), Alemaña e Austria. Francia aparece na posición inferior en horas traballadas semanais con 37,6 horas semanais, segundo Eurostat.

Evolución da xornada de traballo e a semana laboral

editar

Xornadas de 14 horas 7 días á semana

editar

A cantidade de horas de traballo debe contabilizarse tanto na xornada diaria como a semanal e anual. Así, a semana de labor tradicional e anterior á revolución industrial era basicamente de 6 días, con 1 de descanso (venres, sábado ou domingo dependendo das distintas culturas e relixións). Durante a revolución industrial en Gran Bretaña e outros países a semana laboral alcanzo os 7 días sen descanso algún con xornadas de 14 horas.

As 8 horas diarias e as 40 horas semanais

editar

A reivindicación tradicional de 8 horas de traballo, 8 horas de lecer e 8 horas de sono alcanzouse en numerosos países na década de 1970 a 1980. Pasouse de semanas laborais de máis de 60 horas semanais a semanas de 48 horas semanais (6 días con xornada de 8 horas) e a 40 horas semanais (5 días con xornadas de 8 horas). Dende a década de 1980, a pesar do aumento da produtividade e o incremento do desemprego a xornada laboral mantívose ou creceu se se consideran as unidades familiares onde se pasou de 1 traballador a 2 traballadores (habitualmente os dous membros da parella ou matrimonio).

As propostas pendentes: 30 horas e as 35 horas semanais

editar

Os intentos fracasados de implantación, na década de 1970, da semanal laboral de 30 horas polas feministas suecas e, nos décadas de 1980 e 1990, da semana laboral de 35 horas en Francia reflicten o estancamento da redución do tempo de traballo e mesmo, na primeira década do século XXI, o incremento do tempo de traballo. Dende posicións neoliberais demándase o aumento do tempo de traballo como condición para a prosperidade -aínda cando non resolva o problema do desemprego-; dende posicións sindicais demándase unha redución da xornada de traballo, a repartición deste e a consideración do tempo traballado total polo conxunto da sociedade ou comunidade.

Regulación da xornada de traballo en España

editar

En canto á regulación da xornada laboral en España hai tres elementos a destacar

  1. Intervención normativa do Estado: Forman o mínimo legal, polo que non poden empeorarse as condicións establecidas. Esta intervención pode verse reflectida, á súa vez, en:
    1. Constitución Española: O artigo 40.2 establece que "os poderes públicos fomentarán unha política que garanta a formación e readaptación profesionais; velarán pola seguridade e hixiene no traballo e garantirán o descanso necesario, mediante a limitación da xornada laboral, as vacacións periódicas retribuídas e a promoción de centros axeitados."
    2. Ley do Estatuto dos traballadores: Concretamente, esta materia vén regulada nos artigos 12, 23 e 34-38.
    3. Xurisprudencia
  2. Os convenios colectivos: Poden mellorar ese mínimo legal. No artigo 34 da LET Ley do Estatuto dos Traballadores establécese que 'a duración da xornada de traballo será a pactada nos convenios colectivos ou o contrato de traballo"
  3. Vontade das partes: Nesta materia, a STC 210/1990 Sentenza do Tribunal Constitucional 210/1990, do 20 de decembro. Cuestión de inconstitucionalidade 834/1985. En relación coa Disposición transitoria da Lei 4/1983, do 29 de xuño, de reforma do Estatuto dos Traballadores en materia de xornada máxima legal e vacacións mínimas. deixa claro que 'no que atinxe á xornada de traballo (...), a preeminencia da Lei, polo que fai á fixación dos límites nesta, foi expresamente consagrada no artigo 40.2 da Constitución, de maneira que os Convenios Colectivos, e non só os contratos de traballo, han de respectar ineludiblemente o límite legal, nas condicións establecidas na propia lei"

Na lexislación establécense a xornada máxima legal e a súa distribución , o traballo efectivo , os descansos, o traballo nocturno así como a especificidade do traballador nocturno, o traballo a quendas, así como a xornada partida e a xornada continuada.