Xoán Xurxo IV de Saxonia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2020.) |
Xoán Xurxo IV de Saxonia, nado en Dresden, 18 de outubro de 1668 e finado en Dresden o 27 de abril de 1694, foi elector de Saxonia e membro da Casa de Wettin.
Xoán Xurxo IV de Saxonia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de outubro de 1668 |
Dresden | |
Falecemento | 27 de abril de 1694 |
Dresden | |
Causa | Varíola |
Soterrado | Freiberg Cathedral |
Nacionalidade | Alemaña |
Relixión | luteranismo |
Ocupación | aristócrata |
Pai | Xoán Xurxo III de Saxonia |
Nai | Ana Sofia da Dinamarca |
Cónxuxe | Leonor Edmunda de Saxe-Eisenach |
Fillos | Wilhelmina Maria Frederica of Rochlitz |
Irmáns | Johann Georg Maximilian von Fürstenhoff e Augusto II da Polónia |
Premios | Orde da Xarreteira |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Xoán Xurxo era o fillo maior do elector Xoán Xurxo III e da súa esposa Ana Sofía de Dinamarca, e sucede ó seu pai tras a súa morte o 12 de setembro de 1691.
A principios do seu reinado o seu conselleiro de maior confianza foi Hans Adam von Schöning, quen o encamiñou cara a unha unión entre Saxonia e Brandeburgo, en busca dunha actitude de independencia do emperador. Fáiselle a proposta a Leopoldo I de Habsburgo quen non quixo aceptar, e a consecuencia, as armas imperiais ameazaron ao electorado. Para rematar coas controversias e afastar o perigo, o conselleiro Schöning foi posto en prisión en xullo de 1692. O ano seguinte, o emperador contraeu un acordo con Xoán Xurxo que reportaba unha estreita alianza entre o electorado e o Imperio.
En Leipzig o 17 de abril de 1692, Xoán Xurxo contraeu matrimonio con Eleonora Edmunda de Saxonia-Eisenach, Margravina viúva de Brandenburg-Ansbach. O mozo elector foi forzado a casar pola súa nai, Ana Sofía de Dinamarca, coa clara intención de dar herdeiros lexítimos ó electorado.
O matrimonio de Xoán Xurxo foi bastante infeliz, e buscou consolo nos brazos do seu amante Madalena Sibila de Neidschutz. O seu pai xa tratara de separalos, preocupado pola súa proximidade sanguínea: en realidade, Madalena, era filla ilexítima do elector Xoán Xurxo III e de Úrsula Margarida de Haugwitz; por orde do elector Úrsula casou co Coronel Rodolfo de Neidschutz, quen debía aparentar ser formalmente o pai da nena. Como consecuencia, Xoán Xurxo e Madalena Sibila eran medios irmáns.
Probablemente o mozo Xoá Xurxo xamais estivo ao corrente da estreita relación familiar que o unía co seu amante e axiña que morreu o seu pai e tomou o seu posto, viviu con ela abertamente e converteuse na súa "favorita" ou amante oficial.
A súa esposa, Eleonora Edmunda, cada día máis humillada polo seu marido, foi relegada a Hofe, que era a residencia oficial dos electores, mentres Xoán Xurxo se foi con Madalena Sibila a vivir a outro palacio.
Tolamente namorado da súa amante e con serias intencións de casar con ela, Xoán Xurxo tentou asasinar a súa muller. Isto foi evitado grazas á intervención do seu irmán menor Federico Augusto, cando Xoán Xurxo tratou de atravesar a Eleonora coa espada, o desarmado Federico Augusto logrou desviar o golpe coas mans espidas. Isto causoulle unha discapacidade permanente.
O 20 de febreiro de 1693, Madalena Sibila foi nomeada Condesa de Rochlitz (Reichgrafïn von Rochlitz) cun Decreto Imperial. Pouco antes dera a luz á única filla da parella, Guillermina María. Ó lexitimala, o Rei e a Raíña de Inglaterra, foron os seus padriños. Pero a felicidade non durou moito xa que ó pouco tempo a recente nai contraeu xarampón e morreu o 4 de abril de 1694 en brazos de Xoán Xurxo, quen contraeu tamén a doenza.[Cómpre referencia]
Xoán Xurxo faleceu vinte e tres días máis tarde, o 27 de abril e foi sepultado na Catedral de Friburgo.
Ó morrer sen herdeiros foi sucedido como elector polo seu irmán Federico Augusto.