O xineceo (en grego: γυναικεῖον gynaikéion ou γυναικωνῖτις gynaikonitis) na Antiga Grecia era a sala ou estancia que posuían as grandes casas para uso exclusivo das mulleres do fogar: esposa, fillas, serventes. Preferibelmente estas estancias estaban no segundo andar das mesmas. Esta sala era a contraposición ao andrón. Daban os gregos este nome á habitación das mulleres: xeralmente ocupaban estas a parte alta, quedando os pisos baixos para os homes; pero nos tempos de máis cultura, cando as casas foron construídas con máis esplendidez, reservábase ás mulleres unha habitación retirada no mesmo piso que os homes.

Escena familiar no xineceo. -430.

As casas eran moi espazosas, especialmente nas grandes cidades e dividíanse en dúas partes. A ocupada polos homes achábase diante e era denominada andronitis; a das mulleres estaba atrás e era o xineceo ou xineconitis.