Ximnasia en trampolín
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A ximnasia en trampolín é unha disciplina deportiva da ximnasia que consiste en realizar unha serie de exercicios executados en varios aparellos elásticos, onde a acrobacia é a principal protagonista. Está dividida principalmente en tres especialidades: tumbling, dobre mini- tramp e cama elástica, a última delas olímpica desde Sydney 2000 polo cal é importante.
HistoriaEditar
Esta disciplina chamada ximnasia de trampolín fundouse no ano 1934 polos ximnastas George Nissen e lLarry Grisworld. Eles foron os que crearon o primeiro trampolín. Este deporte comezou a utilizarse para adestrar a astronautas, co fin de coñecer os efectos de estar nun ambiente sen gravidade. O 4 de marzo de 1964 creouse a primeira federación internacional de ximnasia en Alemaña. Londres foi sede do primeiro campionato do mundo e a partir deste momento este deporte foi protagonista dentro dos campionatos do mundo e Xogos Olímpicos.
TumblingEditar

O tumbling é unha pista alongada de 25 metros con certa elasticidade no que se deberán de facer 8 elementos seguidos (rondadas, flic-flacs, tempos e mortais con e sen xiro. Ao finalizar os 8 elementos deberán de rematar nunha colchoneta de recepción. Deberán de facerse dúas pasadas, unha de elementos sen xiros no eixe lonxitudinal e outra pasada na que terán que facer elementos con rotación lonxitudinal e transversal. Haberá xuíces que valorarán o exercicio segundo dificultade e execución.
MinitrampEditar
Esta modalidade realizase nun trampolín pequeno no que soamente se fai un salto e caerase nunha colchoneta de recepción precedido dunha carreira para coller impulso. Este aparato é habitual no ensino da ximnasia nos máis pequenos e soamente existe competición nas categorías máis baixas. Como no anterior, puntúase consecución e dificultade do pase.[1]
Dobre minitrampEditar
Trátase dun trampolín parecido ao anterior pero moito máis grande no que se farán dous ou tres saltos e dous elementos de alta dificultade (pódese facer un salto sen elemento no primeiro bote ou facer dous saltos de dificultade seguidos). Ten tres zonas de salto: a entrada ou "mount", que se atopa un pouco inclinada e faise o primeiro salto, o "spoter" que é a zona do medio e o "dismount" ou saída, no que se realizará o último elemento de dificultade. Despois deste último elemento temos que caer sobre a colchoneta de recepción. Os xuíces valorarán a execución técnica do salto e a dificultade dos elementos realizados segundo o número de xiros no eixe lonxitudinal e transversal.
Trampolín individualEditar
Este é o aparato máis importante desta modalidade de ximnasia xa que é o único olímpico. Trátase dunha cama elástica grande onde o deportista ten que realizar exercicios de 10 elementos seguidos diferentes. Nunha competición haberá dous pases, un no que se realizarán as esixencias obrigatorias de cada categoría no que se puntuará a execución, o desprazamento horizontal e o tempo de voo. No segundo pase realizaranse 10 elementos libres (diferentes entre si) no que se puntuará a dificultade, a execución, o tempo de voo e o desprazamento horizontal.
Trampolín sincronizadoEditar
Esta modalidade é similar ao trampolín individual pero dous ximnastas realizarán á vez o mesmo exercicio. Teñen dous pases como no trampolín, un para cumprir requisitos e outro libre. Nesta modalidade puntúase tamén a sincronización dos dous ximnastas.
NotasEditar
- ↑ "Normativa fig" (PDF). fig-gymnastics.com.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ximnasia en trampolín |