Xigante (filme)
Xigante (en inglés: Giant) é un filme estadounidense de 1956 baseado na novela homónima de 1952 de Edna Ferber, dirixido por George Stevens e con Rock Hudson, Elizabeth Taylor e James Dean nos papeis principais. Xigante foi o último dos tres filmes protagonizados por Dean e valeulle a súa segunda candidatura póstuma ao Oscar. Faleceu nun accidente de coche antes da estrea do filme e o actor Nick Adams foi contratado para dobrar algúns diálogos da personaxe de Dean.[2]
Xigante | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Giant |
Director | George Stevens |
Produtor | George Stevens Henry Ginsberg |
Guión | Fred Guiol Ivan Moffat |
Baseado en | Giant, novela de Edna Ferber (1952) |
Intérpretes | Elizabeth Taylor Rock Hudson James Dean |
Música | Dimitri Tiomkin |
Fotografía | William C. Mellor |
Montaxe | William Hornbeck Phil Anderson Fred Bohanan |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 10 de outubro de 1956 |
Duración | 201 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 5,4 millóns de dólares[1] |
Recadación | 39 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
En 2005 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.[3]
Sinopse
editarXigante trata do devir histórico dunha familia que, aínda que ao principio se resiste, finalmente cede ante as presións para converter a súa facenda gandeira en petroleira. Amosa como a riqueza do petróleo inflúe nos seus modos de vida e nos desafíos que lles xorden aos pais ao trataren de educar os seus fillos e asistilos durante o crecemento.
Jordan Benedict (Rock Hudson), dono dunha extensa facenda, coñece en Maryland a Leslie (Elizabeth Taylor), e casa con ela. Instalados na casa, axiña se dan de conta das diferenzas que os separan, mais teñen tres fillos. Atópase petróleo nas súas terra e fanlles presión para que convertan a actividade da súa facenda, de gandeira a petroleira, que ao principio conviven mais finalmente prevalece a do petróleo.
Jett Rink (James Dean) é un empregado de Benedict algo conflitivo que acaba por ser dono dunha parte da terra na que se atopa despois petróleo e que se fai moi rico. A pesar de ser dono dun imperio, é infeliz pola frustración que lle provoca o seu amor por Leslie, esposa do que era o seu xefe, e á que tratou de conquistar.
Elenco
editar- Elizabeth Taylor - Leslie Benedict
- Rock Hudson - Jordan "Bick" Benedict Jr.
- James Dean - Jett Rink
- Carroll Baker - Luz Benedict II
- Jane Withers - Vashti Snythe
- Robert Nichols - Mort "Pinky" Snythe, esposo de Vashti
- Chill Wills - Tío Bawley
- Mercedes McCambridge - Luz Benedict
- Dennis Hopper - Jordan Benedict III
- Sal Mineo - Angel Obregon II
- Rod Taylor - Sir David Karfrey
- Earl Holliman - "Bob" Dace
- Paul Fix - Doutor Horace Lynton
- Judith Evelyn - Señora Nancy Lynton
- Carolyn Craig - Lacey Lynnton
- Fran Bennett - Judy Benedict
- Elsa Cárdenas - Juana Guerra Benedict
- Nick Adams - Jett Rink – escena do banquete
- Monte Hale - Bale Clinch
- Max Terhune - Doutor Walker
- Alexander Scourby - Vello Polo
- Charles Watts - xuíz Oliver Whiteside
- Maurice Jara - Dr. Guerra
- Mickey Simpson - Sarge, dono de Sarge's Dine
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Miller, Frank. ".:: TCM Presents: The Essentials - Article::.". Turner Classic Movies. Arquivado dende o orixinal o 13-01-2015. Consultado o 13-1-2015.
- ↑ Goldsmith Gilbert, Julie (1999). Ferber: Edna Ferber and Her Circle, a Biography. Hal Leonard Corporation. pp. 147–148. ISBN 978-1-55783-332-7.
- ↑ L.C. Information Bulletin. Library of Congress. 2006. p. 43.
- ↑ La Voz de Galicia, 31 de decembro de 2006. Páx. 53
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xigante |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |