Xesús Sanxoás
avogado e político galego
Xesús Sanxoás Formoso, nado en Vigo cara a 1942, é un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1942 (81/82 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado |
Partido político | Unión do Povo Galego |
Traxectoria
editarEstudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela onde dende 1966 encabezou un movemento estudantil nacionalista que conseguiu ter presenza nos acontecementos de 1968 na universidade galega. Foi sancionado coa perda de curso en 1968.[1] Foi un dos fundadores da UPG. Detido, foi xulgado polo TOP. Foi novamente detido en Vigo en agosto de 1975.[2]
Foi o delegado da discográfica Edigsa en Galiza, coa cal distribuía as gravacións do colectivo Voces Ceibes.[3]
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 29-3-1968, p. 7.
- ↑ La Voz de Galicia, 23-8-1975, p. 17.
- ↑ Sanxoás, Xesús (9 de maio de 2023). "A Nova Canción Galega". Terra e Tempo.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |