Xesús Rodríguez Carballido

ciclista español
Xesús Rodríguez Carballido
Información persoal
Nacemento Xesús Rodríguez Carballido
4 de outubro de 1961 (62 anos)
Ponteareas
Nacionalidade Galicia Galicia
Equipo
Último equipo Zahor
Equipo(s) Pro
Zahor
CLAS

Xesús Rodríguez Carballido, nado o 4 de novembro de 1961 en Ponteareas é un ex-ciclista profesional galego.

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira como afeccionado en Ponteareas no Cesantesa Riego Lomba, xunto con Álvaro Pino e posteriormente no Club Ciclista Spol, ata que en 1985 ficha polo CLAS, aínda como afeccionado. Debuta como profesional no Zahor en 1986[1], co que consegue ese ano o 4º posto no Gran Premio Cuprosán, e co que ao seguinte participa por primeira vez na Vuelta a España, onde remata no posto 77º. Tamén nese mesmo 1987 participa na Vuelta a los Valles Mineros, onde queda 4º, na Vuelta a Aragón e na Vuelta a Asturias[2].

En 1988 ficha polo CLAS, a partir de 1989 chamado CLAS-Cajastur, e onde se retiraría como profesional en 1990. Nese ano 1990 participa no Giro de Italia, que finalizou[3].

Vida persoal editar

Ao remta da súa traxectoria profesional montou unha tenda de bicicletas en Ponteareas.

Notas editar

  1. Zahor Chocolates, Sitiodelciclismo.net.
  2. Promocional do CLAS Arquivado 23 de maio de 2011 en Wayback Machine., Web de Bicicletas Oliveira.
  3. Memorias en rosa, Faro de Vigo, 3/5/2009.