Abrir o menú principal
Alegoría, autor anónimo.

Xerminal (en francés: Germinal) é o nome do sétimo mes do calendario republicano francés, o primeiro da estación da primavera, que dura desde o 20 ou 21 de marzo ata o 19 ou 20 de abril, segundo o ano. Coincide de xeito aproximado co paso aparente do Sol pola constelación zodiacal de Aries.

O nome do mes deriva do latín germen, que quere dicir "semente". Segundo o informe á Convención proposto por Fabre d'Églantine, o devandito nome refírese  "á fermentación e ao desenvolvemento do zume dos vexetais de marzo a abril". O sufixo -al denota que o mes pertence á estación da primavera, igual que Floreal e Pradal.

Véxase taménEditar