Xavier García de Paredes

Xavier García de Paredes y Moro, nado en Ávila en 1960, é un banqueiro galego, quen foi o último director de Caixa Galicia.

Modelo:BiografíaXavier García de Paredes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Ávila, España Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

De familia de Ribadeo, naceu en Ávila e licenciouse en Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Comezou a súa carreira como avogado en diversos despachos e en 1987 fichou pola entidade bancaria La Caixa, como responsable da súa asesoría xurídica con sede en Madrid. En 1999 comezou a traballar para Caixa Galicia como asesor xurídico. Ao pouco entrou a formar parte do consello de administración da empresa, e en 2006 pasou a ocupar o posto de secretario.

En 2008 ascendeu a unha das direccións da caixa, e en 2010 pasou a ocupar o cargo máximo de director xeral, logo da xubilación do seu predecesor José Luis Méndez López. Dende esa posición participou no proceso de fusión con Caixanova que deu lugar a Novacaixagalicia e posteriormente ao NCG Banco. Uns días despois de que se constituíse este banco, que foi nacionalizado por parte do Estado en setembro de 2011, anunciou a súa prexubilación, recibindo íntegra unha indemnización multimillonaria.

A Audiencia Nacional abriu unha causa contra el, a raíz dunha demanda presentada pola Fiscalía Anticorrupción despois dunha investigación que se iniciou en outubro do 2011 por unha denuncia da CIG.[1]

En sentenza da Audiencia Nacional de outubro de 2015, García de Paredes foi declarado inocente e absolto de tódolos cargos. Os outros 5 acusados foron condenados a diferentes penas.[Cómpre referencia]

Galardóns

editar
  • Orde de San Raimundo de Peñafort.