O xacemento de Xaiba (en árabe: حقل الشيبة), descuberto no deserto de Rub al-Khalí no 1968, é un xacemento petrolífero situado en Arabia Saudita, aproximadamente a 40 quilómetros do límite norte do deserto de Rub al-Khalí e 10 quilómetros da fronteira sur de Abu Dabi (Emiratos Árabes Unidos).[1]

Conta cunha área de operacións de 1,5 millóns de quilómetros cadrados, unha área superior á suma de Francia, España e Alemaña.[2] Para poder aproveitalo, a compañía concesionaria Aramco construíu un complexo de máis de cen pozos e tres factorías separadoras de petróleo e gas, unha rede de oleodutos de 635 quilómetros ata a refinaría de Abqaiq e tres quilómetros de pistas de aterraxe grazas a 14.000 traballadores en ano e medio.[2]

Notas editar

  1. Donovan Meister & George Steinmetz (2005) Media luna vacía. En: Revista National Geographic edición española de febreiro do 2005.
  2. 2,0 2,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2015. Consultado o 23 de outubro de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Donovan Meister & George Steinmetz (2005) Media luna vacía. En: Revista National Geographic edición española de febreiro do 2005.

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.