Xaboeira

Unha xaboeira[1] é un recipiente que está destinado a soster a pastilla de xabrón para o seu uso no cuarto de baño.

Unha xaboeira de plástico.

As xaboeiras son recipientes con forma de bandexas que se sitúan xunto ao lavabo e sobre as cales se deposita a pastilla de xabrón. A súa función é manter a pastilla ao alcance da persoa que se está lavando as mans, e a súa estrutura está concibida para impedir que a pastilla escorregue e se deslice polos azulexos ou caia no interior do lavabo.

As xaboeiras máis sinxelas consisten en simples bandexas cóncavas de dimensións lixeiramente superiores á da pastilla de xabrón. Adoitan ter estrías na súa base para que o xabrón non se mova no intre de ir collelo.[2] Outras están formadas por barras metálicas, a través das cales se escorre tanto a auga como os restos de xabrón. A súa localización habitual é sobre o mesmo lavabo, xunto á billa, ou diante dos buratos do lavabo.[3]

Tamén é normal penduralas ao carón do lavabo a unha altura á cal se poida acceder con facilidade. Outro lugar onde se colocan é no interior do lavabo ou nos bordos do mesmo. En ambos os casos diminúen a sucidade e o xabrón mantense en mellores condicións.

NotasEditar