XFS é un sistema de ficheiros de alto rendemento creado por SGI para o sistema Irix, unha implementación do Unix. En maio do 2000, SGI liberou SGI baixo unha licenza de código aberto.

Ven por defecto coas versións 2.5.xx e 2.6.xx do kernel Linux, e tamén na serie 2.4.xx a partir do 2.4.25 cando foi considerado estable para a súa introdución (para versións anteriores da serie 2.4.xx existen parches feitos pola comunidade).

Hai tamén tentativas de portalo para outros sistemas coma FreeBSD.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar