Prospero

(Redirección desde «X-3»)

Prospero ou X-3 foi un satélite artificial do Reino Unido lanzado o 28 de outubro de 1971 mediante un foguete Black Arrow desde Woomera (Australia).[1][6][5]

Prospero / X-3
Modelo de Prospero
TipoTecnolóxico
OrganizaciónRAE
Data de lanzamento28 de outubro de 1971[1][2][3][4]
Foguete portadorBlack Arrow[1][5]
Sitio de lanzamentoWoomera[1][6]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[1][6]
NSSDC ID1971-093A
Masa65,77 kg[1]
Datos orbitais
Semieixo maior7290 km[2]
Inclinación82,0º[2]
Apoapse1305,5 km[2]
Periapse533,9 km[2]

Características editar

Prospero ía ser nomeado orixinalmente como Puck e a súa misión foi probar varias novas tecnoloxías necesarias para satélites de comunicacións, como células solares, telemetría e sistemas de enerxía. Tamén levaba un detector de micrometeoritos. Tiña forma de prisma cun diámetro de 1,2 m e unha altura de 0,7 m. A grabadora de a bordo fallou o 24 de maio de 1973, pero o satélite seguiu funcionando. Foi desactivado oficialmente en 1996.[1][6][5]

Prospero foi posto en órbita no último voo de proba do foguete Black Arrow, convertendo ao Reino Unido na sexta nación en poñer un satélite en órbita polos seus propios medios.[1][6][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (14 de maio de 2020). "Prospero 1" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "PROSPERO (BLACK ARROW)" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2021. 
  3. Claude Lafleur (2020). "Prospero / X-3" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2021. 
  4. "Letter dated 3 November 1971 from the Permanent Representative of the United Kingdom to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (71-22756). 5 de novembro de 1971: 1. Consultado o 3 de xaneiro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Prospero (X 3)" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2020). "Prospero" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar