Wolinella
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Campylobacterota
Clase: "Campylobacteria"
Orde: Campylobacterales
Familia: Helicobacteraceae
Xénero: Wolinella
Tanner et al. 1981[1]
Especie tipo
Wolinella succinogenes
(Wolin et al. 1961) Tanner et al. 1981
Especies
  • "Ca. W. africanus"
  • W. succinogenes

Wolinella é un xénero de bacterias da orde Campylobacterales.[2] A orde Campylobacterales comprende patóxenos humanos como Helicobacter pylori e Campylobacter jejuni.[3][4]

Cepas editar

A única cepa publicamente dispoñible de Wolinella é Wolinella succinogenes DSM 1740 (ATCC 29543).[5] O illamento orixinal deste organismo fixérono M. J. Wolin, E. A. Wolin e N. J. Jacobs na Universidade de Illinois,[6] que a illaron do fluído do rume bovino de maneira un tanto casual, xa que os investigadores pretendían illar organismos metanóxenos. Esta bacteria foi clasificada orixinalmente como Vibrio succinogenes, pero foi reclasificada en 1981 como Wolinella succinogenes por A. C. R. Tanner et al.[7]

Illáronse cepas de Wolinella das cavidades orais felinas e caninas.[8] Só se poblicou actualmente unha cepa co status de Candidatus: Candidatus Wolinella africanus.[9] Esta cepa foi illada do tracto dixestivo superior dun voluntario venezolano.

Metabolismo editar

Entre as investigacións realizadas sobre Wolinella succinogenes están a súa relación mutualista con organismos produtores de hidróxeno, como Ruminococcus albus.[10][11] A súa relación está baseada na transferencia de hidróxeno interspecífica. Wolinella succinogenes consome o hidróxeno molecular producido por Ruminococcus albus usando unha fumarato redutase, producindo succinato.

Notas editar

  1. Parte, A. C. "Wolinella". LPSN. 
  2. taxonomy. "Taxonomy browser (Wolinella succinogenes DSM 1740)". www.ncbi.nlm.nih.gov. Consultado o 2016-04-03. 
  3. Nutrition, Center for Food Safety and Applied. "Bad Bug Book - BBB - Campylobacter jejuni". www.fda.gov. Consultado o 2016-04-03. 
  4. "Helicobacter Pylori Infections: MedlinePlus". www.nlm.nih.gov. Consultado o 2016-04-03. 
  5. "Details: DSM-1740". www.dsmz.de. Consultado o 2016-04-03. 
  6. Wolin, M. J.; Wolin, E. A.; Jacobs, N. J. (1961-06-01). "Cytochrome-producing anaerobic Vibrio succinogenes, sp. n". Journal of Bacteriology 81: 911–917. ISSN 0021-9193. PMC 314759. PMID 13786398. 
  7. GBIF. "Wolinella Tanner et al., 1981 - Checklist View". www.gbif.org. Consultado o 2016-04-16. 
  8. taxonomy. "Taxonomy browser (Wolinella)". www.ncbi.nlm.nih.gov. Consultado o 2016-04-05. 
  9. García-Amado, M. Alexandra; Al-Soud, Waleed Abu; Borges-Landaéz, Pedro; Contreras, Monica; Cedeño, Samandhy; Baéz-Ramírez, Estalina; Domínguez-Bello, M. Gloria; Wadström, Torkel; Gueneau, Pulchérie (2007-10-01). "Non-pylori Helicobacteraceae in the upper digestive tract of asymptomatic Venezuelan subjects: detection of Helicobacter cetorum-like and Candidatus Wolinella africanus-like DNA". Helicobacter 12 (5): 553–558. ISSN 1083-4389. PMID 17760725. doi:10.1111/j.1523-5378.2007.00526.x. 
  10. Iannotti, E. L.; Kafkewitz, D.; Wolin, M. J.; Bryant, M. P. (1973-06-01). "Glucose fermentation products in Ruminococcus albus grown in continuous culture with Vibrio succinogenes: changes caused by interspecies transfer of H 2". Journal of Bacteriology 114 (3): 1231–1240. ISSN 0021-9193. PMC 285387. PMID 4351387. 
  11. Greening, Chris; Geier, Renae; Wang, Cecilia; Woods, Laura C.; Morales, Sergio E.; McDonald, Michael J.; Rushton-Green, Rowena; Morgan, Xochitl C.; Koike, Satoshi; Leahy, Sinead C.; Kelly, William J. (outubro de 2019). "Diverse hydrogen production and consumption pathways influence methane production in ruminants". The ISME Journal 13 (10): 2617–2632. ISSN 1751-7370. PMC 6776011. PMID 31243332. doi:10.1038/s41396-019-0464-2. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar