Abrir o menú principal

Wolfmother é unha banda australiana de hard rock formada en Erskineville, Sydney no ano 2000. Orixinalmente estivo formada polo vocalista e guitarrista Andrew Stockdale, o baixista e teclista Chris Ross e o batería Myles Heskett, e xuntos editaron un álbum de estudo, Wolfmother, que acadou o número 3 en Australia, o 22 nos Estados Unidos e o 25 no Reino Unido. No ano 2007 a banda gañou o Grammy á mellor actuación de hard rock pola canción "Woman", e en agosto do 2008 Ross e Heskett deixaron a banda, aínda que Stockdale anunciou que continuará Wolfmother con novos membros.

Wolfmother
Wolfmother closeup.JPG
OrixeErskineville, Sydney, Australia Australia
Período2000 - presente
Xénero(s)hard rock, stoner rock, neopsicodelia, heavy metal, blues-rock
Selo(s) discográfico(s)UME, Modular, Interscope, Island
MembrosAndrew Stockdale
Ian Peres
Aidan Nemeth
Will Rockwell-Scott
Antigos membrosChris Ross
Myles Heskett
Dave Atkins
Páxina webhttp://www.wolfmother.com/

Despois dun breve hiato, Stockdale volveu cunha nova formación en xaneiro do 2009 composta polo baixista e teclista Ian Peres, o guitarrista rítmico Aidan Nemeth e o batería Dave Atkins. O primeiro traballo da nova formación, titulado Cosmic Egg, foi editado o 23 de outubro do 2009. Atkins deixou o grupo en abril do 2010 despois dunha extensa xira e foi substituñido por Will Rockwell-Scott, da banda estadounidense de garage rock The Mooney Suzuki.

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

Álbum Ano Selo
Wolfmother 2005 Modular Recordings
Cosmic Egg 2009 Modular Recordings
New Crown 2014 autoeditado
Victorious 2016 UMe

EPsEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar