Woggabaliri

xogo tradicional dos aborixes australianos

Woggabaliri é un xogo cooperativo tradicional dos aborixes australianos, moi semellante a outros xogos como keepie uppie e footbag.

Escena doméstica aborixe australiana describindo a recreación tradicional, incluíndo un neno que xuta a "pelota", co obxecto de "non deixar que a pelota dea no chan". (William Blandowski Australien en 142 Photographischen Abbildungen, 1857).

Os aborixes das áreas preto de Nova Gales do Sur xogaban cunha pelota feita de pel de póssum. Xógase en grupos de catro a oito xogadores en círculo. O obxectivo é manter a pelota no ar e evitar que caia ó chan.

Historia editar

Woggabaliri é un xogo non competitivo que se practica cunha bóla feita de Typha domingensis envoltas en pel de póssum onde o obxectivo é evitar que caia ó chan usando diferentes habilidades de traballo en equipo e control do balón. Xogado polos wiradjuri e outros pobos veciños antes da chegada dos europeos,[1][2] Woggabaliri é a palabra dos ngunnawal para "xogar".[3] O autor Ken Edwards sinala que un xogo moi semellante tamén era practicado polos jingili do Territorio do Norte.[2]

Notas editar

  1. Tim Hilferti, The Australian Game The Advertiser Pg 79 24 outubro de 2010
  2. 2,0 2,1 Edwards, Ken (1999). Choopadoo: games from the dreamtime. QUT Publications. ISBN 1-86435-448-8. 
  3. R. H. Mathews (1904). Project Gutenberg, ed. "The Wiradyuri and Other Languages of New South Wales".