Wish (álbum)

álbum de The Cure

Este artigo trata sobre o álbum de The Cure, para o sinxelo de Nine Inch Nails véxase "Wish".

Wish é o noveno álbum de estudio da banda inglesa The Cure, editado o 21 de abril de 1992. É o último traballo de estudio do grupo con Boris Williams e o primeiro con Perry Bamonte, ademais de ser o último que conta con Porl Thompson despois de 16 anos.

Wish
Álbum de The Cure
Publicado21 de abril de 1992
Gravación1991 - 1992
Estudio(s)The Manor en Oxfordshire, Inglaterra
Duración65:42
Xénero(s)post-punk, rock gótico, rock alternativo
Selo(s)Fiction, Elektra
Producido porDavid M. Allen e Robert Smith
Cronoloxía
Disintegration Wish Wild Mood Swings

A pesar de non ser tan ben recibido pola crítica como Disintegration, Wish é o álbum de The Cure que máis alto chegou nas listas, dándolle o seu primeiro número 1 no Reino Unido e 2 nos Estados Unidos, onde vendeu máis de 1,2 millóns de copias.

O seu segundo sinxelo, "Friday I'm in Love", converteuse nunha das cancións máis coñecidas da banda, acadando o número 6 no Reino Unido, o 17 nos Estados Unidos e o 1 en Suráfrica.

A popularidade do álbum fixo que The Cure estivese nomeado ao Grammy ao mellor álbum de música alternativa de 1993.

Listaxe de cancións

editar

Todos os temas compostos por The Cure (Perry Bamonte, Simon Gallup, Robert Smith, Porl Thompson, Boris Williams).

N.º Título Duración
1. "Open"   6:51
2. "High"   3:37
3. "Apart"   6:40
4. "From the Edge of the Deep Green Sea"   7:44
5. "Wendy Time"   5:13
6. "Doing the Unstuck"   4:24
7. "Friday I'm in Love"   3:39
8. "Trust"   5:33
9. "A Letter to Elise"   5:14
10. "Cut"   5:55
11. "To Wish Impossible Things"   4:43
12. "End"   6:45

EP Lost Wishes

Catro temas instrumentais tomados das sesións para o Wish. Editado en 1994 como edición limitada en casete e só a través de pedidos por correo.

Cara A
N.º Título Duración
12. "Uyea Sound"   5:21
13. "Cloudberry"   5:19
Cara B
N.º Título Duración
14. "Off to Sleep..."   3:38
15. "The Three Sisters"   4:11