Pobo wiradjuri

pobo aborixe australiano
(Redirección desde «Wiradjuri»)

O pobo wiradjuri[1] ou wirraayjuurray é un grupo de pobos aborixes australianos que están unidos por unha lingua común, fortes lazos familiares e que sobreviviron como habilidosos cazadores-pescadores-recolectores en grupos familiares ou clans esparexidos por todo o centro de Nova Gales do Sur.

Pobo wiradjuri
Windradyne, guerreiro e líder do pobo wiradjuri.
Poboación
Poboación total:
Rexións principais:
Australia AustraliaNova Gales do Sur
Aspectos culturais
LinguaLingua wiradjuri
RelixiónRelixión tradicional e cristianismo
Grupos
relacionados
aborixes australianos

No século XXI, os grupos Wiradjuri máis grandes viven en Condobolin, Peak Hill, Narrandera e Griffith. Son unha importante minoría en Wagga Wagga e Leeton, e tamén existen grupos máis pequenos en West Wyalong, Parkes, Dubbo, Forbes, Cootamundra, Cowra e Young.

Territorio editar

Os Wiradjuri son o grupo aborixe máis grande de Nova Gales do Sur. Ocupan unha ampla rexión no centro do estado que se estende dende as Montañas Azuis no leste até Hay no oeste, e de norte a sur dende Nyngan a Albury na rexión das Pendentes do Suroeste.

A área tribal dos wiradjuri foi descrita como "a terra do tres ríos, o wambool máis adiante coñecido como Macquarie, o Kalare máis adiante coñecido como Lachlan e o Murrumbidgee, ou Murrumbidjeri. O río Murray forma a fronteira sur dos wiradjuri, o cambio de bosques a campos abertos constitúe a súa fronteira oriental".[2]

Terras ocupadas polos wiradjuri teñen certas características, como árbores taladas e restos de campamentos. As árbores taladas atópanse máis comunmente nos arredores dos ríos Macquarie e Lachlan no norte e non no Murrumbidgee no sur. Os campamentos, que son indicación de asentamentos temporais por grupos pequenos, foron atopados en campos abertos, chairas de ríos e nos costados destes.

Notas editar

  1. Dousset, Laurent. "Wiradjuri". 
  2. Coe, Mary. Windradyne: A Wiradjuri Koori. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar