Wilt
Wilt é unha novela en lingua inglesa do escritor inglés Tom Sharpe, publicada por vez primeira en 1976 por Secker and Warburg.
Wilt | |
---|---|
Título orixinal | Wilt |
Autor/a | Tom Sharpe |
Orixe | Inglaterra |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Secker and Warburg |
Data de pub. | 1976 |
Seguido por | The Wilt Alternative (1979) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarHenry Wilt é un profesor de literatura nun centro de formación profesional do sur de Inglaterra. Ten baixa autoestima porque está infravalorado laboralmente, e non está contento coa súa relación de parella coa súa esposa Eva, poderosa fisicamente pero emocionalmente inmatura, e imaxina formas para matala. Logo dunha concatenación de sucesos, entre os cales está ficar enganchado a unha boneca inchable, comeza unha xornada delirante para o protagonista. Vive o caos e a humillación, pero logo de ser detido pola policía descobre as súas propias forzas e a súa dignidade, nunha loita dialéctica co tenaz inspector de policía Flint.
Narración
editarA obra está narrada en terceira persoa nun estilo cómico.
Adaptacións
editarWilt foi levada ó cine en 1989 por Michael Tuchner.