Willy Wonka e a fábrica de chocolate

filme de 1971 dirixido por Mel Stuart

Willy Wonka e a fábrica de chocolate (en inglés: Willy Wonka & the Chocolate Factory) é un filme estadounidense de 1971 dirixido por Mel Stuart. Está protagonizado por Gene Wilder, que intepreta o papel de Willy Wonka. Trátase dunha adaptación da novela Charlie e a fábrica de chocolate de Roald Dahl. Dahl foi acreditado como guionista do filme; porén, David Seltzer, que non aparece acreditado, foi contratado para refacer o guión contra os desexos de Dahl, facendo grandes cambios no final e engadindo os números musicais. Estes cambios, e outras decisións tomadas polo director, fixeron que Dahl renegase do filme.[4][5]

Willy Wonka e a fábrica de chocolate
Ficha técnica
Título orixinalWilly Wonka & the Chocolate Factory
DirectorMel Stuart
Produtor
GuiónRoald Dahl
Baseado enCharlie e a fábrica de chocolate de Roald Dahl
Intérpretes
Música
FotografíaArthur Ibbetson
MontaxeDavid Saxon
EstudioWolper Pictures
The Quaker Oats Company
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea 30 de xuño de 1971
Duración99 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos[2]
XéneroComedia
Orzamento$3 000 000[3]
Recadación$4 000 000[3]
Na rede
IMDB: tt0067992 Filmaffinity: 594833 Allocine: 52931 Rottentomatoes: m/willy_wonka_and_the_chocolate_factory Mojo: willywonkaandthechocolatefactory Allmovie: v54697 TCM: 16517 Metacritic: movie/willy-wonka-the-chocolate-factory
Discogs: 106438 Netlix: 60020949Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Willy Wonka fai unha promoción en que quen atope un dos cinco billetes dourados poderá facer unha visita pola súa fábrica, pechada dende que Slagwoorth mandase espías a roubaren as súas receitas secretas. Todos queren entrar na fábrica e descubrir quen o axuda a facer o chocolate dende que pechou as portas e non deixou entrar ninguén máis.

Personaxes editar

Notas editar

  1. British Board of Film Classification, ed. (20 de agosto de 1971). "Willy Wonka and the Chocolate Factory (U)". Consultado o 9 de agosto de 2015. 
  2. "Willy Wonka & the Chocolate Factory (1971)". 
  3. 3,0 3,1 The-numbers.com (ed.). "Willy Wonka & the Chocolate Factory (1971) - Financial Information". Consultado o 15 de febreiro de 2017. 
  4. "Why Roald Dahl Hated The Willy Wonka And The Chocolate Factory Film". yahoo. Consultado o 12 de setembro de 2016. 
  5. Liz Buckingham, trustee for the Roald Dahl Museum, quoted in Tom Bishop: "Willy Wonka's Everlasting Film Plot", BBC News, xullo de 2005

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar