Willy Cartier

Modelo e actor francés

Willy Cartier, nado en París o 15 de setembro de 1991, é un modelo e actor francés. É coñecido por ser a imaxe das coleccións de Givenchy.

Infotaula de personaWilly Cartier

Willy Cartier con Shy'm no 2012.
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1991
París
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónModelo e actor
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3146303 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Willy Cartier é fillo do pintor Jack Servoz e da bailarina Léa Cartier. Nun primeiro momento, comezou a súa carreira como actor, sendo alumno da prestixiosa Cours Florent. Tamén foi á Académy International of Danse, onde estudou danza (clásica, contemporánea e jazz) e a teatro, que lle permitiu participer na comedia musical Aida.[1] Alén dos filmes, particiou na curtametraxe La Légende de Shalimar a carón de Natalia Vodianova.

Na súa carreira como modelo, traballou para as marcas Chanel, Karl Lagerfeld, Jean-Paul Gautier, Givenchy, Diesel e Benetton. Tamén aparece nos vídeos musicais de varios artistas como Woodkid, Shy'm, Frank Ocean, Laurent Voulzy ou Alain Souchon.

Filmografía editar

Filmes editar

Televisión editar

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 24 de setembro de 2014.