Willie Warren

baloncestista estadounidense

Willie D. Warren, nado o 22 de outubro de 1989 en Dallas, Texas, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional. Actualmente é axente libre.

Willie Warren
Axente libre
Información persoal
Nacemento 22 de outubro de 1989 (34 anos)
Dallas, Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto North Crowley (Fort Worth, Texas)
Universidade Oklahoma (2008–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 2 / Elección: 54
Por Los Angeles Clippers
Carreira 2010−presente
Historial de equipos
Los Angeles Clippers (2010–2011)
Bakersfield Jam (2011)
Rio Grande Valley Vipers (2012)
Maccabi Rishon LeZion (2012–2013)
Szolnoki Olaj (2013–2014)
Virtus Pallacanestro Bologna (2014)
Beikong Fly Dragons (2014–2015)
Zhejiang Golden Bulls (2015–2017)
Petrochimi Bandar Imam (2017)
Shanxi Brave Dragons (2017–2018)
Texas Legends (2018)
Hoops Club (2018)
Sporting Al Riyadi Beirut (2019–2020)
Taoyuan Pilots (2020–2021)

Traxectoria editar

Warren foi elixido na 54ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Los Angeles Clippers. Máis tarde, o 13 de xullo de 2010, asinou un contrato cos Clippers. [1]

Nesa mesma tempada, Warren foi enviado á NBA D-League. Xogou 6 partidos para os Bakersfield Jam da D-League, e acadou 21.0 puntos, 7.0 asistencias, 5.3 rebotes e 1.0 roubos por partido, e anotando un 50% dos tiros de campo e un 46% dende a liña de 3 puntos. Os Jam tiveron unha marca de 5-1 con Warren no equipo. Tras o seu paso pola D-League, Warren foi chamado de volta polos Clippers, pero foi asignado outra vez aos Jam o 2 de marzo de 2011.[2]

Notas editar

  1. "Clippers sign second-round pick Warren to deal". ESPN.com (en inglés). 2010-07-13. Consultado o 2022-03-01. 
  2. "NBA D-League transactions". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2011. Consultado o 17 de xullo de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar