Willie Hobbs Moore
Willie Hobbs Moore, nada en Atlantic City (Nova Jersey) o 23 de maio de 1934 e finada en Ann Arbor (Míchigan) o 14 de marzo de 1994, foi unha física e enxeñeira estadounidense. Foi a primeira muller afroamericana que obtivo un doutoramento en física.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 1934 Atlantic City, Estados Unidos de América |
Morte | 14 de marzo de 1994 Ann Arbor, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Universidade de Míchigan - Doutora en filosofía |
Actividade | |
Campo de traballo | Física, enxeñaría e enxeñaría eléctrica |
Ocupación | física, enxeñeira, científica |
Empregador | Ford Motor Company |
Descrito pola fonte | Notable Black American Women, (vol:3) |
Traxectoria
editarMoore trasladouse a Ann Arbor (Míchigan) en 1952 para asistir á Universidade de Míchigan. Obtivo unha licenciatura en enxeñaría eléctrica na Universidade de Míchigan en 1958 e unha mestría en 1961.[2] Mentres cursaba o seu doutoramento, tamén ocupou cargos en empresas de tecnoloxía en Ann Arbor, como KMS Industries e Datamax Corporation.[3] Tamén ocupou postos de enxeñaría en Bendix Aerospace Systems, Barnes Engineering e Sensor Dynamics, onde foi responsable da análise teórica.[4] Moore completou a súa tese, A Vibrational Analysis of Secondary Chlorides, baixo a supervisión de Samuel Krimm na Universidade de Míchigan en 1972.[5] Este traballo foi aplicable a cuestións importantes no estudo vibracional de macromoléculas.
Despois de recibir o seu doutoramento, Moore traballou na Universidade de Míchigan como científica investigadora ata 1977, continuando o traballo espectroscópico sobre as proteínas. No cinco anos seguintes á súa tese, publicou máis de trinta artigos con Krimm e colaboradores.[5] Foi contratada pola Ford Motor Company en 1977 como enxeñeira de montaxe.[6] Moore ampliou o uso de métodos de enxeñaría e fabricación xaponeses por parte de Ford nos anos 80.[7][8] En 1991, a revista Ebony nomeou a Moore como unha das súas 100 "mulleres negras máis prometedoras da América corporativa".[3] A Universidade de Míchigan estableceu o premio Willie Hobbs Moore na súa honra.[9]
Notas
editar- ↑ Mickens, Ronald E. (2002). Edward Bouchet: The First African-American Doctorate (en inglés). World Scientific. ISBN 978-981-02-4909-0.
- ↑ "Famous female scientists: A timeline of pioneering women in science". The Star Garden (en inglés). 2013-05-12. Consultado o 2020-04-09.
- ↑ 3,0 3,1 "Scholar, Tutor, Pioneering Black Woman Dies. Ann Arbor District Library". aadl.org. Consultado o 2020-04-09.
- ↑ Willie Hobbs Moore, first African American Woman Physicist
- ↑ 5,0 5,1 "APS -APS March Meeting 2011 - Event - Willie Hobbs Moore (1934-1994): The First Female African American Physicist". Bulletin of the American Physical Society (American Physical Society). Volume 56, Number 1.
- ↑ ""Engineering Their Way to the Top"" XL.
- ↑ "Deaths". Toledo Blade. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 17 febreiro 2015.
- ↑ "Pair of pioneers lauded". University of Michigan, The University Record Online.
- ↑ "Willie Hobbs Moore" (en inglés). 2017-05-23. doi:10.1063/PT.6.6.20170523a.
Véxase tamén
editarOutras páxinas
editarLigazóns externas
editar- Willie Hobbs Moore. Vídeo do Brown University Department of Physics (en inglés)