Guillerme de Malmesbury
Guillerme de Malmesbury, nado c. 1080/1095 e finado c. 1143, foi un historiador medieval inglés do século XII, que naceu cara a 1080/1095, en Wiltshire.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 1080 Wiltshire |
Morte | década de 1140 (>1142) (50/69 anos) Malmesbury |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Malmesbury |
Ocupación | historiador , escritor , monxe |
Lingua | Lingua latina |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria
editarO seu pai era normando e a súa nai inglesa. Pasou toda a súa vida en Inglaterra, traballando como monxe na abadía de Malmesbury.
Escribiu unha historia que está dividida en dúas partes: A Gesta regum anglorum (Feitos dos reis ingleses (449-1127)) escrita cara a 1120, e a Historia Novella (Nova historia (1128-1142)), escrita cara ao 1141. Esta segunda parte, relativa a feitos contemporáneos e a guerra civil entre Estevo I e a raíña Matilde, é bastante imparcial, a pesar de ser escrita baixo o auspicio directo de Robert de Gloucester, quen foi un participante directo nos acontecementos.
Tamén escribiu a Gesta pontificum anglorum (Feitos dos bispos ingleses) en 1125. Logo escribiu sobre materias teolóxicas.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Cronistas latinos do século XI ao XIII: William of Malmesbury procedente de The Cambridge History of English and American Literature, Vol. I, 1907–1921, (en inglés).
- Feitos dos reis ingleses Arquivado 14 de agosto de 2014 en Wayback Machine., extractos (en inglés).
- Batalla de Hastings, 1066, extractos (en inglés).
- Relato da batalla de Lincoln en 1142, extractos (en inglés).
- Historia Novella, extractos (en inglés).