William Lawrence Tower

zoólogo estadounidense

William Lawrence Tower, nado o 22 de decembro de 1872 e finado en xullo de 1967, foi un zoólogo estadounidense nado en Halifax, Massachusetts.[1][2]

Infotaula de personaWilliam Lawrence Tower
Biografía
Nacemento1872 Editar o valor em Wikidata
Mortec. 1967 Editar o valor em Wikidata (94/95 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Universidade de Chicago
Harvard School of Engineering and Applied Sciences (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónzoólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 31645406 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Educouse na Lawrence Scientific School (Harvard), na Harvard Graduate School, e na Universidade de Chicago (licenciado (B. S.) en 1902), onde ensinou desde entón, converténdose en profesor asociado en 1911.[3] Tower destacou polo seu traballo experimental en herdanza, investigando a herdanza dos caracteres adquiridos proposta polo lamarckismo e a leis da herdanza en escaravellos e publicar An Investigation of Evolution in Chrysomelid Beetles of the Genus Leptinotarsa (1906). Este estudo documentaba a indución ambiental de mutacións e especiación e é probablemente o primeiro (aínda que posiblemente desacreditado) de xeración de mutacións en animais.[4][5] Publicou tamén The Development of the Colors and Color Patterns of Coleoptera (1903) e, con Coulter, Castle, Davenport e East, un ensaio sobre Heredity and Eugenics (1912).

Tower estivo envolvido en escándalos persoais e profesionais. Dimitiu da Universidade de Chicago en 1917 despois dun divorcio moi público, pero por aquel entón xa creara descontento entre os estudantes e profesores. Na sociedade da súa época, o seu ateísmo profeso causaba ofensa a algúns, como o estudante graduado Warder Clyde Allee. Tower causou friccións políticas dentro do departamento e moitos membros non confiaban na súa ética profesional.[6] Os resultados experimentais dos que informou Tower en 1906 e 1910 viuse que incluían graves discrepancias que el se negou a explicar. A súa afirmación de que os resultados experimentais se perderan nun incendio aumentou o escepticismo dos seus colegas. William Bateson, T. D. A. Cockerell e R. A. Gortner foron especialmente críticos co seu traballo.[7] Unha recepción máis positiva foi a do botánico Henry Chandler Cowles.[8]

Suxeriuse que a súa investigación puido ser unha falsificación.[9] O xenetista William E. Castle, que visitou o laboratorio de Tower, non tivo unha boa impresión das condicións experimentais. Posteriormente concluíu que Tower falsificara os datos. Castle pensaba que o incendio era sospeitoso e tamén a afirmación de Tower de que unha fuga de vapor no seu invernadoiro destruíra todo o seu stock de escaravellos.[10]

Publicacións

editar
  1. Harvard College (1780– ), Class of 1897 (1922). "William Lawrence Tower". Twenty-fifth Anniversary Report, 1897–1922. p. 558.  Non parece haber evidencias de que W. L. Tower estivese vivo en 1923. Considerouse perdido e presumiblemente morto en Tampico? Porén, en Find a Grave dáse como data da morte xullo de 1967 aos 94 anos de idade.
  2. "Tower, William Lawrence". The book of Chicagoans. Chicago: A. A. Marquess & Co. 1917. p. 680. 
  3. William Lawrence Tower apareceu dúas veces (en setembro de 2014) na Biography and Genealogy Master Index. Esta listado no vol. 15 do National Cyclopedia of American Biography (publicada en 1916). Tamén está incluído na edición de 1969–1973 de Who Was Who in America, pero a información que hai alí non está actualizada; un artigo que apareceu o 6 de maio de 1917 no Chicago Tribune indica que dimitiu do seu posto na Universidade de Chicago e trasladouse a Arizona. Artigos posteriores indican que Tower era membro do corpo de reserva de oficiais. (información proporcionada polo Servizo de Biblioteca da Universidade de Chicago).
  4. Sokoloff, A. (1966). The Genetics of Tribolium and Related Species. Academic Press, Nova York.
  5. Hawthorne, David J. (2001) AFLP-Based Genetic Linkage Map of the Colorado Potato Beetle Leptinotarsa decemlineata: Sex Chromosomes and a Pyrethroid-Resistance Candidate Gene. Genetics 158: 695-700
  6. Mitman, Gregg (1992). The State of Nature: Ecology, Community, and American Social Thought, 1900-1950. Chicago: University of Chicago Press. 52, 97. Google Books.
  7. Weinstein, Alexander. (1998). A Note on W. L. Tower's Lepinotarsa Work. In Ernst Mayr, Will Provine. The Evolutionary Synthesis: Perspectives on the Unification of Biology. Harvard University Press. pp. 352-353. ISBN 0-674-27226-9
  8. Cowles, Henry Chandler. (1907). Evolution in the Potato Beetles. An Investigation of Evolution in Chrysomelid Beetles of the Genus Leptinotarsa by W. L. Tower. Botanical Gazette. Vol. 44, No. 6, pp. 456-457.
  9. Mitman, Gregg. (1992). The State of Nature: Ecology, Community, and American Social Thought, 1900-1950. University of Chicago Press. p. 219. ISBN 0-226-53236-4
  10. Kohler, Robert E. (2002). Landscapes and Labscapes: Exploring the Lab-Field Border in Biology. University of Chicago Press. pp. 202-204. ISBN 0-226-45009-0

Este artigo incorpora texto da seguinte publicación, agora en dominio público: Gilman, D. C.; Peck, H. T.; Colby, F. M., eds. (1905). New International Encyclopedia (1ª ed.). Nova York: Dodd, Mead.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar