William Jones (matemático)
Sir William Jones, nado en Llanfihangel Tre'r Beirdd - Anglesey en 1675 e finado en Londres o 3 de xullo de 1749, foi un matemático galés coñecido pola súa proposta de empregar a letra grega π como símbolo matemático do número pi, letra que xa utilizara anteriormente William Oughtred. Euler foi o que a popularizou. Foi pai de William Jones, considerado o pai da indoeuropeística.
William Jones | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1675 |
Lugar de nacemento | Llanfihangel Tre'r Beirdd |
Falecemento | 1 de xullo de 1749 |
Lugar de falecemento | Londres |
Nacionalidade | Reino de Inglaterra, Reino de Gran Bretaña e Gales |
Ocupación | matemático |
Pai | Siôn Siôr |
Nai | Elizabeth Rowland |
Fillos | William Jones |
Coñecido por | número pi |
Premios | membro da Royal Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Jones publicou diversas Synopsis Palmariorum Matheseos en 1706, trátase dun traballo que pretende introducir os principiantes nos teoremas de cálculo diferencial e das series infinitas. A navegación foi un tema que interesou a Jones ata tal punto que o seu primeiro traballo publicado é un compendio sobre a arte de navegar. En 1731 publicou Discourses of the Natural Philosophy of the Elements.