Wikipedia en maithili
edición da Wikipedia en lingua maithili
A Wikipedia en maithili (en maithili: मैथिली विकिपिडिया) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua maithili. Foi creada o 6 de novembro de 2014.[1] No presente, a lingua maithili é escrita en alfabeto devanágari[2] e da mesma maneira é escrita na edición de Wikipedia. O maithili é unha lingua indoaria falada nos estados de Bihar e Jharkhand, na India, e é unha das 22 linguas recoñecidas polo país.[3][4][5] Tamén é falada no leste de Terai, no Nepal, sendo a segunda lingua máis prevalente do país. É unha das 122 linguas recoñecidas do Nepal.[6][7]
Wikipedia en maithili | |
---|---|
Logo da Wikipedia en maithili. | |
Portada da Wikipedia en maithili. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Maithili |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | 6 de novembro de 2014 |
Na rede | |
https://mai.wikipedia.org/ | |
Esta versión da enciclopedia contén 14.121 artigos e 15.002 usuarios, dos cales 29 son activos.[8]
Historia
editarO proceso de creación da Wikipedia en maithili comezou no ano 2008.[1][9]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 थारु, बुनु. "जनकपुरका युवा जसले मैथिली विकिपिडियाको सुरुवात गरे". eKantipur (en nepalí).
- ↑ Yadava, Y. P. (2013). Linguistic context and language endangerment in Nepal. Nepalese Linguistics 28 Arquivado 3 de marzo de 2016 en Wayback Machine.: 262–274.
- ↑ "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2016-03-05. Consultado o 2018-08-23.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 2018-03-21. Consultado o 2018-03-21.
- ↑ https://m.livehindustan.com/jharkhand/story-maithili-will-get-second-state-language-status-in-jharkhand-1835624.html
- ↑ "Nepal". Ethnologue (en inglés). Consultado o 2018-07-17.
- ↑ Sah, K. K. (2013). "Some perspectives on Maithili". Nepalese Linguistics (28): 179–188.
- ↑ All Wikipedias ordered by number of articles
- ↑ जोशी, यज्ञराज. "मैथिली विकिपिडिया स्थापना गरेर जो विश्वका १८ योगदानकर्ताभित्र छानिए". nepalkhabar (en nepalés).
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Wikipedia en maithili |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en maithili |