Wikipedia en ladino

edición da Wikipedia en lingua ladina

A Wikipedia en ladino (en ladino: Wikipedia per ladin) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua ladina. Foi creada en agosto 2020.[1] A Wikipedia en ladino non debe ser confundida coa Wikipedia en xudeoespañol, cuxo outro nome é ladino.

Wikipedia en ladino
Logo da Wikipedia en ladino.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasLadino
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamentoagosto de 2020
Na rede
https://lld.wikipedia.org/

Esta versión da enciclopedia contén 180.707 artigos e 6.682 usuarios, dos cales 25 son activos.[2]

Historia editar

A Wikipedia en ladino comezou como un proxecto en Wikimedia Incubator no ano 2005.[3] Por mor da existencia de moitos dialectos en lingua ladina e a escasa difusión do ladino padrón, tomou moito tempo convertelo nun proxecto definitivo de Wikipedia: uns 15 anos dende a creación do proxecto e 3 anos dende o inicio da participación das institucións.[4][5] Acadou os seus primeiros 1000 artigos o 14 de novembro de 2019, mentres aínda era unha wiki test en Wikimedia Incubator.[6]

Características editar

Os artigos poden ser escritos en ladino padrón (ladino dolomitano) ou nun dos cinco dialectos existentes: Gherdëina, Badiot, Fascian, Fodom, Anpezan (os dous últimos case nunca son usados).[7]

Debido a razóns lingüísticas, está estreitamente relacionada coa Wikipedia en romanche e coa Wikipedia en friulano.[8]

Notas editar

  1. "Al é nasciü la Wikipedia Ladina – La Usc di Ladins". www.lausc.it (en Ladin). Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2020. Consultado o 20 de decembro de 2020. 
  2. All Wikipedias ordered by number of articles
  3. "Wp/lld – Wikimedia Incubator". incubator.wikimedia.org. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  4. SPA, Südtiroler Informatik AG | Informatica Alto Adige. "Tutti i comunicati | Sezione | Amministrazione provinciale | Provincia autonoma di Bolzano – Alto Adige". Amministrazione provinciale (en italiano). Consultado o 20 de decembro de 2020. 
  5. "Internet ladin – La Usc di Ladins". www.lausc.it (en lld-lld). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2021. Consultado o 20 de decembro de 2020. 
  6. "Café ladin – Wikimedia Incubator – 1000 articles". incubator.wikimedia.org. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  7. Redazione. "WIKIPEDIA IN LADINO | Portale Radio e TV" (en italiano). Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  8. "E' nata Wikipedia in ladino – TGR Trento". TGR (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2021. Consultado o 19 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar