Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-08-2010/Novas e anuncios
Unha nova etapa para o Xornal da Galipedia
Intentamos recuperar este Xornal para achegar todas as novas a aqueles interesados en saber o que acontece na Galipedia
Malia estarmos na metade da estación estival, e coa calor abafante que vai, os usuarios da Galipedia intentaremos reavivar o noso Xornal tres anos despois do último número. Con isto pretendemos manter ao día as novas entorno a todo o que acontece neste wiki. Nun primeiro momento, dado que podemos dicir que estamos "en probas", a periodicidade intentará ser mensual.
Non é necesario redactar grandes novas. Tan só un par de parágrafos explicativos son suficientes. Calquera usuario que o desexe poderá escribir unhas liñas sobre fitos que considere importantes e que sería bo dar a coñecer á comunidade. En calquera caso, o obxectivo principal deste Xornal é que as novas cheguen non só a usuarios da Galipedia, senón tamén a persoas alleas ao proxecto que non nos coñezan, de xeito que sirva como plataforma para un mellor achegamento á nosa Wikipedia.
Vaites! Case me esquezo: as novas, como os artigos, non pertencen a ninguén; isto significa que outros poden modificar o texto que un usuario escribira nun primeiro lugar.