Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Toliño
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Período de votación: 19.05.2008 - 03.06.2008
SI: 8 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
Despois de recibir a súa aceptación, e logo de comprobar que cumpre todos os requirimentos técnicos canto ao número de edicións, tempo de permanencia e correo habilitado, gustaríame propoñer para o cargo de administrador o Usuario:Toliño.
As razóns que me fan propolo son:
- O seu papel como editor e corrector é moi bo, riguroso, e meticuloso.
- Fai bos traballos con modelos e ten un perfil técnico de bastante calidade.
- Coñece outros proxectos wiki, como betawiki.
- Os seus temas de interese son un campo de traballo bastante descoidado e necesitarían dunha man experta que traballase sobre eles con confianza.
- A favor
- Concordo. --Xabier Cid 13:33, 19 maio 2008 (UTC)
- Concordo. --Arco de Rayne 13:59, 19 maio 2008 (UTC)
- Concordo. Pedro --Lameiro (conversa) 14:39, 19 maio 2008 (UTC)
- Concordo De ser por min teríao proposto hai algún tempo xa. AlberteSi, digame? 15:20, 19 maio 2008 (UTC)
- Concordo claro que si, engadindo cas suas competencias tecnicas fortes son mui útiles para a comunidade que necesita usuarios con iste tipo de competencias, mais non son motivo suficiente para ser administrador. O mais importante é a confianza da comunidade sobre o seu conocemento do funcionamento, regras e xuicio cando fallan as regras. ElviraConversa comigo 17:49, 19 maio 2008 (UTC)
- Concordo e ademais creo que pode ter relevancia (xa a ten actualmente) o traballo que poida asumir ou dea asumido, por poder aportar cousas que outros non podemos--Lmbuga Commons - Galipedia 19:34, 19 maio 2008 (UTC)
- Concordo co exposto na proposta. Ademais neste momento coa próxima chegada do verán, un período sempre complicado na xestión do wiki, cómpre a axuda de máis persoas na administración e semella que tanto Toliño como Lameiro cos seus coñecementos poden ser unha grande axuda moi útil para o proxecto. --Prevertgl 15:46, 21 maio 2008 (UTC)
- Concordo --☣Banjo tell me 17:25, 22 maio 2008 (UTC)
- En contra
- Discordo. Teño serias dúbidas sobre a identidade deste usuario. Ao meu entender ten dado mostras suficientes para que sexa moi probable que se trate dun monicreque. Pasou de aparentar non saber subir unha imaxe e cubrir moi limitados contidos como editor á continuación especializarse, e dedicarse case en exclusiva a revisar mensaxes do sistema dun xeito que require coñecementos técnicos que só un ex administrador ou usuario moito máis experimentado podería posuir. O feito de que ata o de agora o editor non tivese habilitado o seu correo electrónico, semella que ata xusto o momento en que veu de recibir a proposta, é un dato que me fai sospeitar, da imparcialidade ou indivudalidade propia de Toliño. Se houbese a posibilidade de pedir que un checkuser comprobase que a identidade de toliño non coincide coa de ningún ex-administrador mudaría o meu voto e desculpariame polas sospeitas. Lansbricae (Ti dirás) 14:26, 19 maio 2008 (UTC)
- Neutros
- Comentarios
- Comentario a Lans: Hai dúas posturas na vida: ou todo o mundo é culpable ata que se demostre o contrario, ou a contraria: todo o mundo é inocente ata que non se demostre o contrario. Sei ben que, por desgraza, non todo o mundo é bo, pero aínda conservo a ilusión de que tampouco todo o mundo é malo. Como norma xeral, eu prefiro a segunda opción daquelas dúas. Doe menos algunha decepción de cando en vez -algo que será inevitable sufrir- antes que vivir sospeitando segundos intereses en tódolos que nos rodean. Un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 14:39, 19 maio 2008 (UTC)
- Mágoa que esa filosofía non a fagas de aplicación universal a todos os que participamos neste proxecto. Non te escoitei decir o mesmo cando se atacou, xusto aplicando a máxima contraria: "se cala e non dí nada é que agocha algo" a Xosé, ou cando primeiro discordaste na aplicación de monicrequismo a Alma e a min e despois dixeches que se facía falta cirurxía adiante con ela, nin na algreía incontida que manifestaches cando Alberte dictaminou bloquear para sempre a Maañón. Ensináronme que aquí non se fala de persoas senón de avatares. Non pretendas xulgarme como persoa porque teña dúbidas sobre se un usuario é unha persoa, ou unha persoa poida ter varios usuarios. Creo que este non é lugar para leccións de moral ou ética. Hai varias páxinas na taberna onde podería dar os seus froitos. Esta é unha páxina de votación, polo que eu xa chego a ela co meu criterio formado. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 14:53, 19 maio 2008 (UTC)
- Comentario Hai aportacións que, ó meu parecer, non merecen ser comentadas. Seméllame a min mesmo algo incoherente que eu diga isto porque non comentalas é evidentemente desprezalas e eu non desexo desprezar nada na Galipedia (de ningunha maneira desexo desprezar a alguén, nin pretendo facer con esta aportación iso), pero é así neste caso, entendo que non merecen comentario, que son conceptos que xorden afogados por mor dunha experiencia ou de varias experiencias previas, que se afogan en si mesmos e que están faltos de credibilidade e faltos de vitalidade para co proxecto que desenvolvemos en común.
Non teño ganas de lerias, xa me metín en moitas e non me vou meter, se podo, en máis; pero si desexo facer ver que por tras desas palabras hai unha acusación sen expresar fundamento, dicindo que hai motivos serios, pero expresan nimiedades e poderían ser motivo de bloqueo.
Debido a que entendo que está a ser acusado infundadamente, xa que non actúo como administrador, a miña solidariedade como usuario con Toliño, e o meu respecto--Lmbuga Commons - Galipedia 20:02, 19 maio 2008 (UTC)
- Se vale de algo eu tamén me solidarizo. Semella que o "mal do administrador" cada vez comeza antes (mesmo antes de selo) xD. AlberteSi, digame? 20:06, 19 maio 2008 (UTC)