Wikipedia:Votacións/Elección de administradores/Requisitos para ser presentado á administración
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() | Votación PECHADA: Requisitos para ser presentado á administración
Período de votación: 03-10-2007 - 18-10-2007
SI: 0 — NON: 7 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: Rexeitado |
Requisitos para ser presentado á administración
editar- Máis de 1.000 edicións (ferramenta de contaxe 1).
- Levar máis de 6 meses inscrito na Galipedia e colaborar de forma asidua coa comunidade (edicións na Taberna, páxinas de discusión, páxinas Axuda ou páxinas Wikipedia).
- Dominar e aceptar todas e cada unha das políticas da comunidade, en especial os Cinco Piares
- Ter unha conta de correo habilitada (véxase preferencias).
- Non ser bloqueado[1] no último ano e medio.
- Que a persoa non desenvolvese artigos borrados, mediante o procedemento de Votacións para borrar por vanagloria, propaganda ou copyvios.
Notas
editar- ↑ Trátase neste caso de bloqueos producidos por incumplimento das políticas oficiais da comunidade excluíndose os aplicados erroneamente
Votación
editar Discordo por mor do que expresei na páxina de discusión (1000 edicións e 6 meses)--Lmbuga Commons - Galipedia 19:24, 3 outubro 2007 (UTC)
Discordo Tamén penso que o número de edicións ten que ser maior, ó igual cá antigüidade. AlberteSi, digame? 20:09, 3 outubro 2007 (UTC)
Discordo. Tamén discordo, penso que non debería haber mínimo ningún de edicións e só aceptaría un tempo mínimo de permanencia razoable en relación coas dimensións da Galipedia. Lansbricae (Ti dirás) 20:03, 3 outubro 2007 (UTC)
Discordo. 6 meses paréceme ben, pero o número de edicións e demasiado reducido. --☣Banjo tell me 21:54, 3 outubro 2007 (UTC)
Discordo polo mesmiño que dixeron Lmbuga, Banjo e Alberte.Fryant 00:55, 4 outubro 2007 (UTC)
Discordo, súmome a Fryant. --Xabier Cid 01:24, 4 outubro 2007 (UTC)
Neutro Non sería o caso de ter como critério unha certa cantidade de edicións extensas? 1000 edicións semellantes ás dos bot (apenas incluindo ligazóns a outras wiki) non ten significado en termos do conceito de enciclopédia. (Tenho dificuldades, porém, para dizer qual seria o número ideal de edições extensas - perdoem-me se o meu galego não estiver bom. Um grande abraço a todos,) Joao Xavier 01:32, 4 outubro 2007 (UTC)
Discordo. Penso que a experiencia dun administrador ten que ser moi ampla antes de poder coller o “cargo”, ten que entender moi ben o funcionamento "particular" desta wiki e iso non se consigue dun día para outro, eu diría que se precisa un ano como mínimo. O do número de edicións é relativo, depende un pouco da calidade das mesmas pero tamén aumentaría o número mínimo a unhas 3000.--Calrosfking (FÁLAME) 19:25, 12 outubro 2007 (UTC)