Wikipedia:Sobre Galicia/xaneiro 2012

A pataca de Galicia é unha indicación xeográfica con denominación de orixe protexida creada para destaca-la excelencia da pataca obtida en Galicia que, reunindo as características definidas no seu regulamento, cumpre con tódolos requisitos esixidos no mesmo. O tubérculo definido como Pataca de Galicia correspóndese coa especie Solanum tuberosum L., da variedade cultivada 'Kennebec', destinada ao consumo humano. Esta denominación de orixe abrangue unhas superficie agrícola situada anualmente en torno ás 1.500 a 1.800 hectáreas de cultivo. O terceiro domingo do mes de setembro, celébrase a festa da pataca no concello coruñés de Coristanco.