Wikipedia:Sobre Galicia/setembro 2014

A selección de fútbol de Galicia é o equipo de fútbol formado por xogadores galegos, que representa á Federación Galega de Fútbol, independentemente de que participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola FIFA. Dado que este organismo non é membro da FIFA nin do COI, a selección absoluta galega non pode participar en torneos oficiais e só disputa partidos amistosos a nivel internacional. Non obstante, en categorías inferiores participa nas competicións que organiza a Federación Española de Fútbol, e dende 1999 a Selección de Galiza amateur disputa a Copa das Rexións da UEFA.

O equipo é coñecido familiarmente como «A Irmandiña», rememorando a historia da Galicia medieval, na cal se constituíron Irmandades para a defensa do pobo fronte os abusos dos señores.